O Curro - O Ritual


Ben en días anteriores, ben no propio día, neste caso de mañanciña, os besteiros emprenden a marcha a pé ou a cabalo. Xa no monte, divídense en grupos para localizar as greas. Xa localizada unha manda, e de xeito coordinado, rodéanse os animais nun cerco que, aos poucos, vaise pechando para así conducilas a un lugar próximo ao curro denominado a parada. Este primeiro agrupamento na parada serve para recoñecer a propiedade das bestas e para organizar o cordón que as conducirá ata o curro.

Unha vez reunidas e recoñecidas todas as greas na parada procédese á baixada dos animais cara ao lugar do curro, aquí colaboran gandeiros e colaboradores, e van a pé ou a cabalo.

A entrada no recinto realízase en grupos e a tropel. Xa no curro, sepáranse os machos,garañóns, dos poldros para que estes non se manquen..

A seguir procédese á captura das cabezas de cada gandeiro para o cal utilizan a gaxada coa que van suxeitando as burras pola corda e vannas sacando do curro.

Unha vez fóra, e nun alarde de técnica herdada de pais a fillos, os cabalos son inmobilizados; para facilitar esta acción o que se fai é desorientalos tapándolles ollos e oídos. Mentres o besteiro rapa as crinas do animal, os axudantes coidan de que non se achegue outro animal; a continuación márcanse ou véndense os poldros, sanéanse e desparasítanse todos os animais o por fin procédese á solta.

Os cabalos, un ano máis, están libres para vivir no monte.