Exposición Ceibes no Monte

A Exposición Ceibes no Monte salta a Tui.
A partir das 13.30 horas do venres 29 de xaneiro, inauguraremos esta nova visita da exposición na Área Panorámica de Tui.

Cartel Ceibes no Monte

Para ver unha breve presentación en flash dos contidos da exposición podes pinchar na imaxe ou tamén aquí. Se o que queres é un estudo máis pormenorizado do contido dos diferentes paneis informativos que forman a exposición pulsa aquí.

Documentos de Apoio á visita


Para facilitar a visita aos centros educativos temos elaborada unha Ficha de Visita á Exposición, en formato pdf, que pode baixarse pinchando aquí.
Tamén contamos cos dez debuxos que forman a Banda Deseñada que elaborou para nós Andrés Meixide, sen colorear e en formato pdf, como material de apoio á exposición. Poden seleccionarse e descargarse comprimidos en formato zip, pinchando aquí.

Unha exposición itinerante



Tras o paso por Santiago e Gondomar, a exposición visitará Vigo en datas aínda por determinar. A partir do momento que finalice a súa peregrinaxe polos concellos interesado, estará a disposición dos centros educativos que puidesen querer utilizala durante unha temporada.
En caso de estar interesados podedes poñervos en contacto con nós a través do correo de Ceibes no Monte