O Curro - Outros curros das Terras de Turonio


Ademais dos tres curros do concello de Gondomar, Morgadáns, Galiñeiro e san Cibrán, que son tratados individualmente, nas Terras de Turonio celébranse outros tres curros, dos de máis sona de Galiza. Trátase de o curro de Valga, do de Torroña e o de Mougás, os tres na serra da Grova.

O CURRO DE A VALGA sitúase no concello de Oia e celébrase o segundo domingo de maio, sendo o que abre a tempada dos curros en Galiza. A separación das mandas ten lugar na chousa, unha construción a carón do curro, onde se fai a tradicional parada antes de encerralas. Aquí os besteiros miran de vagar que poldro vai con cada burra e como se organizan as greas ao redor do seu semental.

O CURRO DE TORROÑA pertence, tamén, ao concello de Oia e desenvólvese o primeiro domingo de xuño. Este curro recolle gando da Serra da Groba e sitúase no lugar das Raxadas na parroquia de Torroña. É o curro que máis animais acurra. A parada faise preto do recinto do curro nunha explanada situada na ladeira do monte.

O CURRO DE MOUGÁS, no Concello de Oia, é o segundo domingo de xuño. Neste curro a parada realízase nun espazo pechado arredor do curro onde permanecen as burras até despois do xantar. Tamén se leva a cabo no mesmo lugar un curro de vacas. Conta cunha foxa de auga á beira do curro onde se desinfectan os animais.