O Curro - Morgadáns


Imaxes do curro de Morgadans O Pradairo do curro de Morgadans Recinto principal do curro de Morgadans Recinto das vendas do curro de Morgadans Os cabalos baixando ao curro de Morgadans

O Curro de Morgadáns celébrase o terceiro domingo de xullo no chamado lugar das Fechaduras, nas ladeiras do Monte Aloia, na vertente orientada cara ao Val Miñor.
O recinto principal é rectangular, sobre o nivel do chan e pechado en pedra e formigón; ten, ademais, un pequeno curro para os poldros e un terceiro para as vendas.
Unha das características físicas diferenciais do curro de Morgadáns é o fermoso exemplar de pradairo que tece a súa sombra sobre o recinto onde se realizan os labores de separación dos animais.
O desenvolvemento do curro é moi semellante aos outros da zona. A recolla do gando realízase nos días anteriores ao do curro e os cabalos son gardados nun espazo fechado no alto do monte. O domingo, pola mañá, e a través do cordón, báixase o gando até o recinto do curro, procedéndose á entrada no mesmo sobre as 12.30. A partir deste momento realízanse os labores tradicionais de separación, marcaxe, venda, solta, etc. Neste curro resultan especialmente espectaculares os últimos cento cincuenta metros e a entrada no recinto pechado, xa que o terreo é en costa e os cabalos entran ao galope. En Morgadáns celébrase Curro das Moscas o cuarto domingo de agosto.