Benvidos a Ceibes no monte

Un proxecto multidisciplinar do IES Terra de Turonio


O presente proxecto é o resultado dos traballos realizados polo alumnado e profesorado do IES Terra de Turonio de Gondomar ao abeiro da Vª convocatoria do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas destinado á potenciación da educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementos do noso acervo cultural'. O traballo, elaborado no curso 2008/09 versa sobre os diferentes enfoques que se lle poden dar ao tema dos cabalos ceibes nos montes galegos e, en particular, nos montes das Terras de Turonio.
Para abrir portas, presentamos o seguinte texto, elaborado por Xosé Luís Méndez Ferrín, ao que queremos agradecer o seu interese polo traballo e a súa inestimable axuda.

Perdérase, case... Xosé Luís Méndez Ferrín

(Páxina optimizada para navegar con Firefox ou con Ópera. Pulsa se queres instalar un dos dous)