O Cabalo na Arte Galega - Pintura


Tentar abarcar a todos os pintores galegos que ao longo da súa produción artística recorreron ao cabalo como motivo pictorico sería un labor tan estéril como absurdo. Na lista deberían estar artistas desde os máis clásicos, como o precursor Serafín Avendaño, ata os máis innovadores como Uxío Granell, pasando por moitos dos grandes nomes da pintura galega, Pérez Villamil, Seoane, Sucasas, Mª Antonia Dans, Castelao, Laxeiro, Maside, Colmeiro ou Julia Minguillón. Decidímonos, pois, por facer un pequeno percorrido pola pintura galega utilizando o contraste como fío condutor.

Así podemos mencionar autores que utilizan o cabalo como motivo central do seu cadro ou pintores nos que o cabalo é un compoñente máis da representación, poñamos por caso, do entroido.

Cabalo II. Antón Pulido. 1990. Óleo sobre lenzo. 130x130

Os xenerais do Marco (fragmento). Alfonso Sucasas. 1998. Óleo sobre lenzo. 160x310

Hai murais de gran formato e pequenas obas que case pasarían por miniaturas.

Elucubración para unha dinámica espacio-tempo, historia-universo (fragmento). Felipe Criado. Pintura Mural. 1986. 320x470

La carroza luminosa. Cancela del Río. 1875. Acuarela e témpera sobre papel. 21x25

Están as técnicas máis sinxelas, como o boceto a lapis, e as máis complexas e completas.

Estudos de cabalos. Colmeiro.

O burriño. María Antonia Dans. 1960. Temple sobre lenzo. 85x120

No tocante aos motivos, hainos repetitivos, tanto de orixe relixiosa como da festa máis profana.

San Martiño. Antonio de Puga. S. XVII. Óleo sobre táboa.

Entroido. López Garabal. 1965. Óleo sobre lenzo. 50x60

Se nos fixamos no tempo, e obviando os máis remotos, podemos atopar autores clásicos e de máis actuais.

La batalla de Clavijo.Tumbo B. S. XV. Catedral de Compostela.

Galiña namorada dun burro. Vidal Souto. 1996. Pintura con metais sobre lenzo.

Hai cadros que de tan realistas semellan fotografías e que contrastan cos que destilan inocencia.

Cabalo. Jesús Caulonga. 1987. Óleo sobre lenzo. 37x45

Burro. Lago Rivera. 1952. Técnica mixta sobre papel. 32x50

Tamén existen diferenzas entre os cabalos en branco e negro e os cabalos cheos de cor.

Contrastes da vida, chegarán algún día? Serafín Avendaño. 1890.

Cabalo verde. Xaime Quesada. 1985.

Os modernos que imitan aos clásicos e os clásicos co seu aire de modernos.

Centauro. Xosé Guillermo. 1990. Acuarela sobre papel. 35x49

Aparición de S Francisco aos seus discípulos (detalle). García de Bouzas. S. XVII

Ás veces nomes moi distintos levan a un tema semellante...

Baño de cabalos (fragmento). Román Novarro. Óleo sobre lenzo. 51x92

La Putzca. Gonzalo Porto. 1980.

...mentres outras veces o mesmo nome trae resultados distintos.

Cabalo branco. Arturo Souto. 1938. Óleo sobre lenzo. 101x125

Cabalo Branco. Vázquez Cereijo. 1990. Óleo sobre táboa.

Os cabalos tamén son bodegóns ou unha parte de vida.

Bodegón. Xulio Prieto Nespereira. 1941. Gouache sobre papel. 33x28

A volta á feira. Roberto González del Blanco. 1930. Temple sobre lenzo.

Existen representacións que pouco teñen que ver co noso traballo, e cadros que nos veñen ao pelo.

Cabalo e lúa. Ana Legido. 1965.

Na rapa das bestas. Conde Corbal. 1987.

Claro que, para rematar, sempre están os grandes que aínda non estaban e teñen que estar e haberá outros moitos que deberían estar e non están. .

Os que mallan nas bestas... Castelao.

Cronista de Indias. Granell.

Emigración. Pérez Villaamil.

A hora da sesta. Julia Minguillón.

A faena. Laxeiro.

O Mago. Maruja Mallo

Azulexo en Sargadelos. Luís Seoane.