O Cabalo na Arte Galega - Fotografía


Foi grazas ás máis modernas técnicas fotográficas que en 1878 Eadweard Muybridge puido demostrar que o famoso 'movemento estendido' dos cabalos ao galope non era máis que unha deformación da realidade por parte do ollo humano; a serie de fotos 'Galope' tiraba por terra toda unha tradición artística de representación do cabalo ao galope totalmente extendido de patas e corpo.

Eadweard Mybridge. Cabalo ao galope. 1878.       

Alberto Garazo. Cabalos en movemento. Curro de Valga 2007.       Procedencia: Flick

A fotografía ten en Galicia aos cabalos un dos seus temas preferentes. Moitos son os fotógrafos que abordaron traballos sobre o cabalo nos seus diferentes hábitats, mesmo podemos atopar fotógrafos de sona internacional que sentiron auténtica fascinación polos cabalos ceibes galegos, polos seus xeitos de vida e, en especial, pola tradición da rapa das bestas. É o caso, por exemplo, de Alan Harvey, que foi quen de levar unha foto de cabalos en Sabucedo á portada da revista National Geographic; esta mesma fotografía, ademais, alzaríase co importante "Wordld's Gratests Photofraps".

Alan Harvey. Curro de A Valga. National Geographic. 1973.Procedencia: Axencia Magnum

Josef Koudelka. Curro de A Valga. Axencia Magnum.1973. Procedencia: Axencia Magnum

Mais non temos que saír fóra de Galicia para atopar fotógrafos que utilizaron o cabalo como motivo da súa produción artísica, desde os máis clásicos, como Virgilio Vieitez, ata os máis actuais. Xurxo Lobato, Carlos Puga, Javier Albertos, Vari Caramés, Alberto Garazo, son algúns, só algúns, dos nomes de sona de fotógrafos galegos que teñen realizado parte da súa obra con cabalos como modelos. Resulta imposible traelos aquí a todos así que optamos por unha selección representativa na que tentamos salientar tanto a vertente temática como a máis artística das fotografías. Así, non é difícil atopar un mesmo tema, un cabalo branco, tratado de xeito semellante, pero con resultados moi diferentes..

Vari Caramés. Cabalo Branco. Procedencia: Centro de Estudos Fotográficos de Vigo

Xoán Piñón. Cabalo Branco. Procedencia: Páxina do Autor

Pódese fotografar o cabalo de xeito que asome insignificante fronte á cidade ou enorme nunha proba deportiva, sometido ao seu amo ou, sen máis, compartindo con el a ledicia dun día de festa.

Carlos Puga. Cabalo branco. Procedencia: Fotoxoguete, Blog do Autor.

Javier Albertos. Concurso Hípico de Vigo. Procedencia: Vigo en Fotos.

Miguel Vidal. Cabaleiro escuro con Cabalo branco. Procedencia: Blog do Autor.

Xosé Manuel Otero. Feira de Santos en Fontán. Procedencia: Páxina do Autor.

Pero, sen dúbida, o tema concurrente na maioría dos fotógrafos que chegan a participar dela, é a festa do Curro. Neste caso unha das numerosas variables que utiliza o fotógrafo é o cadro, desde unha panorámica con ollo de pez, ata un primeiro ou mesmo un primeirísimo plano, todo é posíbel na fotografía de cabalos.

Xurxo Lobato. Rapa das Bestas de Sabucedo. Páxina do Autor.

Xabier Fernández. Curro de Morgadáns. Xentileza do Autor.

Anxo Cabada. Baixando cara á Parada. Xentileza do Autor.

José Pereira. A loita home cabalo. Páxina do Autor.

José Meis Meaño, O Bruxo. Clemencia. Páxina do Autor.

Claro que sempre lle queda a un o recurso de cargar de cámara, subir ao monte e tentar captar ao cabalo no seu contorno máis puro e natural: ceibe no monte.

Javier Teniente. Manda ceibe no que queda de monte. Do libro: Cabalos de Vento, Curros de Pedra. Xentileza de Ed. Xerais.

Javier Teniente. Aínda hai esperanza, Nai con Cría. Do libro: Cabalos de Vento, Curros de Pedra. Xentileza de Ed. Xerais.