O Cabalo na Arte Galega - Cine


Se temos que falar da presenza dos cabalos en liberdade no cine galego, sen dúbida habemos de centrarnos no xénero documental. Son moitas as películas documentais nas que o cabalo, e en particular a festa dos curros, constitúen a súa temática central.

Imaxe do documental Bestas
Portada do documental Bestas, de José Luis Ledo.

A produción de documentais sobre o cabalo ceibe e o seu mundo pasa por dous períodos perfectamente diferenciados. Nuns primeiros pasos quen predominan son a promoción e a divulgación dunha tradición popular moi enraizada en determinadas zonas. A segunda época, moito máis actual, parte dos anos setenta do pasado século e nela podemos descubrir novos intereses na produción documental; ademais dos mencionados de promoción turistica, xa atopamosa unha clara vertente estética nas películas, o cine como manifestación artística e sen necesidade de exaltación de nada.

Así podemos falar dun claro exemplo da primeira opción na reportaxe que sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo filmou o NO-DO nos anos 40. Exemplos de películas con fin estético e non atopamos, por fortuna, cada vez máis.

Despois dunha importante documentación sobre o tema temos atopado os seguintes documentais galegos sobre o cabalo, a súa vida no monte e a tradición da rapa das bestas:

- A rapa das bestas. Manuel Hernández Sanjuan, 1961.
- Verde y mar. José Grañena, 1966. Inclúe un fragmento da rapa de Sabucedo
- Curro. Raymond Éthes, 1967. Documental de produción francesa.
- Caballos salvajes. Rafael Luca de Tena, 1967.
- Curros de Mougás e Valga. Familia Massó, 1968.
- Lejos de los árboles. Jacinto Esteva, 1972. Contén un fragmento da rapa de Sabucedo.
- Os curros da Serra da Groba. XL. Vilar, 1973. Super-8. Textos de Eliseo Alonso
- A rapa das bestas. TVE. Programa "Raíces", 1973.
- Yeguas preñadas por el viento. Ismael González, 1977.
- O cabalo galego de monte. O cabalo de Galicia. Jacobo Pérez e Arturo Calvo, 1998.
- Bestas. Xosé Luis Ledo Andión, 2001
- A rapa das bestas. Productora Nós, Betacam , 57
- Rapa das bestas. TVE. El escarabajo verde. 2007
- Ferro ardendo. Miguel García , 2008. Documental sobre o curro de Campo do Oso en Mondoñedo.