O Cabalo na Arte Galega - XL Méndez Ferrín


Fotografia de Mendez Ferrin

Xosé Luís Méndez Ferrín é un escritor fortemente vencellado ao mundo dos cabalos e dos curros. Isto é así ata o punto que, en 2008, o Concello de Gondomar lle entregou o título honorífico de Valedor dos curros.

En Ceibes no Monte podemos presumir de que Méndez Ferrín escribiu para nós a introdución ao traballo. Pinchando aquí podes lela.

No seu poemario Estirpe, en Xerais, 1994, ten varias composicións que fan referencia explícita ao cabalo; no título Como Cabalos, escribe: sinte o cabalo o peso do seu amo/ e bólelle o corazón igual ca os cascos/ pois aquel galego arcaico que lle impuxera/ a marcha de andadura... Aquí podes ler o poema completo.
No poema O curro de Morgadáns, do mesmo libro, o autor recrea este rito ancestral: Por millentos anos este estrondo de cascos/ nas cortes vellas da lembranza... ¿Será cecais o curro/ todo o que desa Patria sobreviva no mundo? Poema completo.
Noutros poemas a súa presencia é máis fugaz, como en Disidencia e fin: a égoa empreña do vento nas valgadas / luar frío cobra noite son en todo augas femias, e en Acougo, onde aparece un anceio da vida tranquila e sosegada da aldea onde a natureza é a única protagonista: Feliz aquel que deixa a aldea sen fechar a porta/ do seu domicilio e cabalga deica os vales en que o labrego/ ara nas leiras. Poema Completo.

Mais se hai un campo no que Méndez Ferrín ten falado do cabalo e do curro este é, sen dúbida, o das súas pequenas reflexións periodísticas que, ben nas súas edicións impresas, ben nas dixitais, publican a maioría dos xornais galegos. Entre todos estes textos periodísticos queremos salientar os seguintes:

Andadura en Vincios. Faro de Vigo. 11 setembro 2009

Os Cabalos do señor Reitor. Faro de Vigo. 18 novembro 2002

Nós andadura. Faro de Vigo Edición Dixital. 8 outubro 2007

As bestas do santo. La Opinión. A Coruña. 18 xullo 2009

O Cabalo Galego nas Letras. Faro de Vigo. 25 xullo 2009

Cabalo de Pura Raza Galega. La Opinión. A Coruña. 13 xuño 2009

Que é o monte. Faro de Vigo Edición Dixital. 6 outubro 2006

Tempo dos Curros. La Opinión. A Coruña. 30 maio 2009

O País das Bestas. La Opinión. A Coruña. 20 xuño. 2009

Hípica Galega. Faro de Vigo Edición Dixital. 12 novembro 2007

Curro novo de Dimo, no Xiabre. Faro de Vigo. 31 xullo 2006

Tristura no Galiñeiro. Faro de Vigo. 2002

Curro do Galiñeiro, de novo. Faro de Vigo Edición Dixital. 6 xullo 2007