O Monte Comunal - A Mancomunidade do Val Miñor


A Mancomunidade de Montes en Man Común do Val Miñor agrupa ás comunidades de montes de Baiona, Nigrán e Gondomar. Dende o ano 1992 mantén unha importante actividade de posta en valor do monte veciñal como un ben público.

Destacan, entre outras actividades: o labor propio do seu mantemento, a recuperación da microtoponimia, estudos sobre o aproveitamento da biomasa forestal e do gando, contribución á desaparición dos vertedoiros de lixo, recuperación do patrimonio cultural, mantemento de áreas de lecer para a cidadanía, loita contra os lumes forestais, organización de xornadas e cursos, xeración de emprego, etc...

Accede a toda a información da Mancomunidade do Val Miñor dentro da Páxina da
Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común