O monte veciñal ocupa unha cuarta parte do territorio galego e boa parte dos espazos protexidos da Rede Natura 2000.
Anualmente inviste centos de millóns de euros en obra social gracias aos recursos que obtén da explotación do monte.
O Monte veciñal está aberto a toda a sociedade, sexa viciña ou non, para o seu disfrute e lecer, pero non recibe compensación por estes servizos e para a maioría da sociedade é invisible.
Para que a sustentabilidade do Monte en Man Común sexa efectiva debe poñer en valor todos os seus usos e valores: a produción de madeira, o aproveitamento agrícola e gandeiro, a biomasa forestal, a apicultura, os cogomelos, o patrimonio cultural, ultimamente os parques eólicos, etc. Só deste xeito se asegura a protección e conservación, o desenvolvemento do mundo rural e o asentamento da poboación neste medio, contribuíndo á dinamización socio-económica
Entre os grandes retos das Comunidades de montes na sociedade do século XXI están a contribución ao desenvolvemento do mundo rural e o asentamento da poboación neste medio, o desenvolvemento dunha educación ambiental na sociedade e o favorecemento da biodiversidade.
Ademais do que podemos denominar sustentabilidade física, os montes veciñais en man común precisan tamén dunha sustentabilidade humana, é dicir, que se xere emprego na zona de influencia do monte de xeito que os veciños e veciñas comuneiros vivan a carón do mesmo. Se eles viven de costas ao monte veciñal, este non terá futuro.