O Medio Natural - A Flora - O Mato

Algunhas fotos do Mato
O mato é unha vexetación de monte baixo e de composición diversa que cobre a cuarta parte da superficie dos noso país.
É unha vexetación de sucesión, é dicir, aséntase sobre áreas degradadas e evoluciona cara o bosque atlántico. Só nas zonas altas, límites para o asentamento arbóreo, pode tratarse de vexetación definitiva ou clímax.
Toxos (Ulex sp.), codesos (Adenocarpus sp.), carqueixas (Pterospartium sp.) e xestas (Cystists sp. ou Genista sp.) conforman o mato acompañados de fentos, queirugas ou carrascos (Erica sp.) e carpazas (Cistus sp.) e, aínda que poden constituir masas de vexetación compactas dando toxeiras ou xesteiras, maiormente esta cobertura vexetal adoita estar mesturada mesmo con arbustos como sanguiños (Rhamnus frangula), estripeiros (Crataegus monogyna) ou sabugueiros (Sambucus nigra).