O Medio Natural - A Fauna


A fauna presente no medio natural do cabalo galego ceibe é diferencial segundo o tipo de hábitat e a cobertura de vexetación.
Nas zonas húmidas van estar presentes unha grande diversidade de anfibios dos que destacan as sarmagantas, as ras, os sapos, os limpafontes, e, de xeito emblemático, a salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitanica).
Os réptiles son frecuentes nas zonas rochosas; réptiles que contan co lagarto arnal (Lacerta lepida) como especie máis significativa.
Entre os insectos destacan escaravellos coleópteros de grande tamaño, como a vacaloura (Lucanus cervus). As aves que se poden observar máis frecuentemente son o corvo carnazal (Corvus corax), os gaios e as pegas; tamén hai aves rapaces como o miñato (Buteo buteo), o lamote (Circus piragus) ou mesmo os falcóns (Falco).
Entre os mamíferos, amais dos micromamíferos que conviven cos cabalos nos pasteiros, destaca o xabarín e o corzo, coa súa ampla proliferación nas últimas décadas, e, nalgunhas áreas a lebre e o lobo, extintos na maior parte dos cumes.