O Medio Natural - Xeomorfoloxía

O espazo xeolóxico da Terra de Turonio está formado por rochas graníticas alcalinas e unha franxa norte-sur de rochas metamórficas, dando lugar a solos ácidos de pouca profundidade.
A conformación do relevo presenta multitude de cumes pedregosos e vales, cunha complexa topografía.
A Terra de Turonio está conformada polas: Serra do Suído, Serra do Faro de Avión, Montes da Paradanta, Serra do Galleiro, Serra do Argallo, Serra da Groba e Serra do Galiñeiro, con alturas entre os 500 aos 1000 metros sobre o nivel do mar.
Todas estas Serras conforman un entramado moi denso de regueiras e ríos, que recollen as augas de escorrentía superficial e aportan humidade ao subsolo.

Foto da serra do Galiñeiro