O Medio Natural - A Fauna - O Lobo


O lobo (Canis lupus) é o máximo depredador que atopamos nos ecosistemas terrestres europeos; no caso do medio natural dos cabalos galegos ceibes ten unha grande relación con eles, relación de depredación coas greas de cabalos xa que estes forman parte importante da súa dieta e o lobo contribúe ao control e regulación natural dos animais incapaces ou enfermos.
Debuxo dun Lobo O lobo é un carnívoro, un cánido de variada dieta. Trátase dunha dieta oportunista composta por micromamíferos (ratos e toupas), lagomorfos (coellos e lebres), grandes mamíferos salvaxes (corzos e xabaríns) e por suposto canada gandeira (ovellas, cabras, vacas e, no caso que nos toca, os cabalos).
Éun animal que, como ocabalo, convive en mandas cunha complexa estrutura social e unha forte cohesión e xerarquía, chegando a cazar coordinadamente.
A causa de ser sido un competidor importante cos intereses humanos foi perseguido dende hai séculos e eliminado de moitas áreas do país. Así hai zonas no sur da provincia de Pontevedra, como as Serras do Galiñeiro, do Argallo e da Groba, onde desapareceu por completo.
Malia o anteior, o lobo chega ata nós incrustado na nosa cultura a través do patrimonio material, foxos de lobo, e sobre todo do inmaterial, contos e lendas.


Cabeza de Lobo