O Cabalo de Pura Raza Galega - Orixe Evolución


Orixe

A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos celtas chegados ao norte da Península Ibérica cara aos séculos VII e VI a.C. os que introduciron unha nova poboación cabalar: tratábase dun cabalo elipométrico, de pouca alzada, de cabeza pequena, orellas curtas, cruz dos cadrís forte, pelo basto e de capa escura.

As testemuñas mais antigas que se conservan da presenza de poboadores equinos en Galicia encóntranse en representacións rupestres tales como as da área da Sabucedo, na Serra da Groba, en Viladesuso, etc.

Concretamente, no Val Miñor atópanse escenas de cabalos nos petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Sabarís (Baiona ) e en Couso ( Gondomar ).

A opinión xeneralizada é que a poboación equina actual de Galiza descende, en maior ou menor medida, dun tronco común, o chamado tronco celta. Este tronco foise diferenciando ao longo dos séculos por mor das condicións ambientais e a intervención de diferentes procesos de mestizaxe, dando deste xeito orixe ás diversas razas afíns á galega que se estenden por toda a fachada Atlántica europea dende Portugal até Escocia e Islandia.

Produto deste tronco común celta, na Península Ibérica atopamos o Garrano Portugués, o Pottoka vasco, o Asturcón e o Cabalo de Pura Raza Galega.

Evolución

O cabalo, en xeral, ten unha idade de 55 millóns de anos. Comezou sendo un animal do tamaño dun raposo pequeno con catro dedos no extremo das patas. A evolución natural levouno a que a súa supervivencia pasase por la fuxida fronte a outros animais mellor armados e así pasou a ser un animal cada vez máis rápido, de 3 dedos, que foi denominado Mesohippus. Logo evolucionou a outro máis rápido e máis grande que tiña dous dedos e chamado Meryhippus, despois a outro aínda máis rápido e grande e cun único dedo, este denominouse Pliohippus, e, xa por último, chegou o actual Equus, caracterizado pola presenza do casco no extremo das patas.

Nesta evolución, e dentro das súas características, o cabalo galego é o máis antigo e que menos cambios presenta no seu físico dentro do proceso de evolución e adaptación ao medio; segue a ser un cabalo de tamaño moi pequeno, moi semellante aos cabalos autóctonos vasco (potokka) e asturiano (asturcón).

As testemuñas máis antigas que se conservan da presenza de poboadores de raza equina en Galicia encóntranse en representacións rupestres como as da área de Sabucedo, onde aparecen cabalos montados xunto a poldros e guerreiros. Outras representacións de equinos atopámolas na Serra da Groba, máis concretamente en Viladesuso, onde apareceren carros tirados por cabalos datados nun período que vai dos anos 2500 ao 2000 a. de C. No Val Miñor atopamos escenas de cabalos nos petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Sabarís ( Baiona ) e en Couso (Gondomar).

A teoría máis aceptada sobre a orixe do cabalo galego de pura raza sostén que foron os pobos celtas quen introduciron no Norte da Península Ibérica entre os séculos VII e V a. de C. un poni domesticado de cabeza pequena e cor escura, e que foi este quen deu orixe as tres razas que se conservan no norte de España . Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e pola intervención do home dando orixe ás distintas razas afíns á galega, aínda que un pouco máis grandes; razas que, con máis ou menos variacións, se estenden por toda a fachada atlántica europea, desde Portugal até Escocia e Islandia.

A pesares de vivir principalmente en mandas ceibes no monte, o cabalo galego foi explotado para actividades ao servizo do home. Nun principio utilizouse como animal de combate, máis tarde foi destinado á monta e aos traballos agrícolas. Para moitos pobos da prehistoria o cabalo foi un animal de enorme relevancia, preto do home e dos seus deuses.