O Cabalo de Pura Raza Galega - Andadura

A capacidade para a andadura é unha das calidades diferenciais do cabalo galego, xa que dende hai séculos foron utilizados para este paso.

Xa Plinio, na súa Historia Natural (século I d. C.), fai referencia ao cabalo galego que chamaba 'Tieldón' e atribúelle a propiedade de mover simultaneamente o brazo e a pata de cada lado para se desprazar de modo innato, o que el cualificou de 'mollis alterno crurum explicatu glomeratio'. Así para Plinio o cabalo galego movíase naturalmente en andadura ou paso plano.

Segundo Joaquín González Troncoso, no seu libro Nós andadura, o paso de andadura consiste no movemento simultáneo das dúas extremidades dun mesmo lado, en alternativa coas do lado oposto, de modo que non resultan neste aire máis que dous tempos ou golpes.

Para o autor mencionado, hoxe en día aínda existen greas de eguas nos montes que transmiten esas características aos poldros, e por iso dentro dos plans de conservación e mellora da Pura Raza Galega proponse cativar exemplares para destinalos á andadura, tanto para a competición como para a utilización en casas de turismo rural.

Acceder ao texto de Méndez Ferrín sobre a Andadura
(Faro de Vigo 18 de setembro de 2009)