O Cabalo de Raza Galega e O Garrano Portugués


O Garrano é a denominación que no Norte de Portugal reciben os cabalos autóctonos que viven en liberdade. Trátase da mesma raza que a do cabalo galego e é unha das tres especies existentes en Portugal.

Os garranos viven nas Serras de Arga, Amarela, Gerês e a Cabreira. Tamén viven libremente en Castro Laboreiro, Cruz Vermelha e Montalegre (Salto e Outeiro).

Na actualidade están censadas arredor de 2000 cabezas de cabalos garranos que viven ameazadas continuamente polo lobo, estando así en perigo de extinción. Por esta razón, desde o ano 1993 a Associação de Criadores de Eqüinos de Raça Garrana (ACERG) e o o Serviço Nacional Coudélico definiron o padrón da raza e crearon un plan de conservación centrado nun libro de rexistro zootécnico e nun libro xenealóxico da raza. Ademais, en Barcelinhos, no Concello de Barcelos, existe un centro, na Quinta do Sancho, pertencente á Fundação Alter Real, destinado ao melloramento da raza. Aquí hai un depósito de “garanhões” de raza garrana que poden ser solicitados polos criadores para cubrir as éguas.

O cabalo garrano portugués caracterízase pola súa pelaxe castaña, a altura escasa, inferior a 1,35 cm, e a cabeza recta ou cóncava. Por norma, son animais de temperamento nobre, dóciles, con moita vivacidade e fáciles de ensinar, rápidos e resistentes.

A súa utilidade produtiva actual céntrase na equitación, na monta e na manutención dos ecosistemas nos que aínda viven ceibes.