Ceibes no monte - O embrión


No curso 2003-2004, e xa conscientes da profunda impronta que o mundo do cabalo ten entre o noso alumnado, o IES Terra de Turonio xa experimentou un proxecto interdisciplinar baseado nos cabalos ceibes no monte.

Foto da exposicion de fotos
O Curro. Exposición de Fotografías de Anxo Cabada.

Tratábase dunha especie de embrión do actual traballo e, de feito, xa levaba a súa mesma sona: Ceibes no Monte. Foi bastante máis modesto, moito menos amplo, tanto na participación dos distintos departamentos como de aspectos a estudar, e limitado de medios e intencións.

Malia todo, traballamos o cabalo desde diferentes puntos de vista e pechamos o proxecto cunha exposición de traballos do alumnado e de materiais relacionados co mundo do cabalo, recolleitados, igualmente, polo alumnado do IES Terra de Turonio.

Fotos exposicion 2003
Exposición de traballos e utensilios