Ucraíno: ????
Ulano: Soldado de cabalaría lixeira, armado de lanza, de orixe polaca.
Ulido: Sentido que permite percibir os olores.
Ungulígrado: Grupo de mamíferos cuxos dedos están provistos de cascos, sobre os que camiñan.
Unicornio: Ser mítico con figura de cabalo e un so corno na fronte. É veloz, valoroso, puro, atrae a boa sorte e afasta o mal. Como no caso do alicorno, se é que non son o mesmo, o po do seu corno ten diversas calidades como a curativa ou a afrodisíaca.
Unimama: Muller que monta a cabalo. Amazona.
Unlla: Formación dura da pel que protexe a parte dorsal do extremo libre do dedo dalgúns animais.Uña.
Uña: Parte dura do extremo dos dedos dalgúns animais. Unlla.
Uñar: Apoiar o gando con firmeza os pés contra o chan cando ten dificultades para andar.
Upa: Salto brusco do cabalo.
Upa!: Interxección, para animar a levantarse, subir ou saltar á cabalgadura.
Upar: Dar upas a cabalgadura.
Urdu: ????? (Ghora) (Paquistán-India)
Uro: Partícula grega que se utiliza como prefixo ou sufixo co significado de cola ou rabo.
Usagre: Sarna que lle sae no pescozo ao cabalo e a outros animais domésticos.
Ux!: Interxección, voz usada para escorrentar animais.
Va!: Interxección, úsase para animar o gando.
Vacina: Doenza infecciosa, contaxiosa, que acomete ao gando cabalar baixo a forma de pústulas e que pode pasar ao home inmunizándoo contra a varíola.
Vacíos: Illargas da cabalgadura. Bacíos.
Vaga: Illarga.
Valenciano: Cavàll
Valga A: Curro que se celebra no lugar de A Valga, Loureza (Santa María de Oia) o segundo domingo de maio.
Vaos: Illargas da cabalgadura.
Vara: Pau delgado para azuzar ao cabalo. Bastón. Fusta.
Vara de enlace: Complemento que se utiliza en determinados curros para agarrar e dominar aos cabalos para proceder á súa rapa e marcaxe. Vara cunha corda corredía ao final.
Varal: Cada un dos paus ao que se atrela o cabalo nos carros.
Varexar: Azoutar, fustrigar a besta coa vara.
Varxa: Terreo comunal. Varxe.
Varxe: Terreo comunal. Varxa.
Varxedo (1): Conxunto de varxas.
Varxedo (2): Varxa grande.
Veceira: Modalidade de garda do gando en que, por quendas e en tempo proporcional ao número de cabezas que ten, cada veciño leva o gando de todos os veciños a pastar.
Veceireiro: Veciño que leva a pastar o gando pola modalidade de veceira.
Veceiro: Veciño dun lugar que vai por turno ao monte co gando de todos.
Veda: Terreo aberto común cuxa explotación se emprende temporalmente por acordo dos comunais.
Vedor: Garda encargado de vixiar as leiras comúns, especialmente os montes.
Veiga: Grande chaira de terreo comunal.
Vellori: Dise do cabalo cuxa pelaxe é pardo-acinzada.
Venda: Bere (Norte Suráfrica)
Vendas, Curro das: Nalgúns lugares, curro de tamaño medio no que se reúnen os poldros que saen á venda o día da festa.
Veneciano: Cavalo.
Ventas: Son os buratos do nariz do cabalo.
Vento: Olfacto dos animais.
Ventrecha: Parte do ventre dos cuadrúpedes máis próxima á entreperna.
Vépsico: Hebo (Rusia europea)
Vergallo (1): Órgano xenital do cabalo.
Vergallo (2): Órgano xenital do cabalo despois de cortado e seco.
Vergallo (3): Fusta feita co órgano xenital do cabalo despois de cortado e seco.
Vergón: Marca que deixa na pel o golpe dado cunha vara ou fusta.
Vértebras: Cada un dos osos que forman a columna vertebral.
Veterinaria: Rama da ciencia que trata das doenzas dos animais irracionais, en especial os domésticos.
Veterinario: Médico que practica a veterinaria.
Vetillo: Aparello de diferentes materiais que se lles coloca no fociño aos animais para que non traben ou para que non coman cando non deben. Buceira, buciño, bocal, buzo, embozo.
Ulano: Soldado de cabalaría lixeira, armado de lanza, de orixe polaca.
Vigairo: Veciño da aldea ao que, por mes e quenda, e ante a falta do pedáneo, tócalle presidir o concello.
Vira: Tira de coiro que revestía a palma dos besteiros para protexela.
Virilla: Cada unha das dúas partes do corpo onde se xunta o tronco coa coxa.
Vista: Sentido polo que o cabalo percibe a forma e maila cor dos obxectos.
Vívula: Inflamación que afecta á pel e tendóns da cuartela das cabalgaduras.
Vizoso: Dise do cabalo moi fogoso.
Volapuque: Jeval (Artificial)
Vougo: Illargas da cabalgadura.
Xacamiar: Sacudir a cabeza dun lado a outro a cabalgadura.
Xácoma: Cabezada feita con corda que se usa para prender as bestas.
Xaez: Aparello ou adorno para bestas.
Xaezar: Adornar a cabalgadura con xaeces. Axaezar.
Xairel: Pano que se pon sobre o dorso da cabalgadura e sobre o que asenta a albarda e o selín.
Xairelado (1): Cabalo protexido con xairel.
Xairelado (2): Dise do cabalo que ten unha malla branca, semellante a un xairel, no lugar do selín.
Xambeta: Pedra que separa as manxadoiras no pesebre.
Xamúas: Asento de tesoira que se coloca sobre as bestas en especial para que monten as mulleres.
Xandada: Conxunto de animais mansos que se apacentan e andan xuntos.
Xaponés: ? (?? uma)
Xáquema: Cabezada de cabalgadura.
Xarga: Manta de abrigo que se usaba cando se ía a cabalo.
Xarondo: Animal que se inquieta e dá en andar ao revés.
Xarrete: Articulación situada na extremidade posterior que é por onde se dobra; carne arredor desta articulación.
Xeira: Cooperación, axuda que se prestan os veciños para os traballos de campo.
Xema: Parte carnosa do rabo das cabalgaduras.
Xemara: Besta derreada do cadril.
Xenar: Derrearse unha besta polo cadril.
Xenas: Pelo que cae sobre a fronte do cabalo. Topete.
Xenitor (1): O que xera. Cabalo pai
Xenitor (2): Genitor, cabalo de Xulio César.
Xeonlleira: Peza de coiro para protexer o xeonllo das cabalgaduras.
Xeonllo: Parte da pata posterior formada pola articulación externa do fémur coa tibia.
Xeorxiano ????? ? (Xeorxia)
Xerga: Especie de almofada que se pon debaixo da albarda das cabalgaduras.
Xestela: Cola de cabalo. Rabo.
Xineta (1): Muller que monta a cabalo.
Xineta (2): Sistema de equitación con estribo curto.
Xinetado: Montado a cabalo ao modo da xineta.
Xinete (1): O que monta a cabalo.
Xinete (2): Antigo cabaleiro armado de lanza e adarga.
Xinete (3): Cabalo pequeno, de boa raza, esvelto e lixeiro.
Xirico: Asno, burro, xumento.
Xo!: Interxección, expresión que se usa para mandar parar ás cabalgaduras.
Xoga (1): Articulación do xeonllo das patas traseiras das cabalgaduras.
Xoga (2): Lugar onde se unen dous ósos de membros do corpo; son os que permiten que nos poidamos mover. Articulación.
Xogada: Parella de animais para o traballo.
Xogo: Articulación, xoga.
Xoqui!: Interxección, para deter as cabalgaduras. Xo!
Xostra (1): Vara delgada e flexíbel para golpear o gando.
Xostra (2): Doenza, especie de reuma que afecta aos animais e fai que arrastren as patas ao andar.
Xóstrega: Vara delgada e flexible para golpear o gando. Xostra.
Xovenca: Cría do cabalo cando ten dous ou tres anos.
Xumentada: Grupo de xumentos. Asneira.
Xumental: Relativo ao xumento.
Xumento: Animal mamífero, do xénero equus, facilmente domesticable e utilizado para tracción e carga.
Xusta: Antigo combate entre dous cabaleiros, a cabalo e con lanza.
Xustura: Xeito en que o ferrador dá á ferradura, dobrándoa na parte anterior de abaixo para riba.
Yearling*: Puro-sangue entre un e dous anos de idade.
Zafado: Aplícase ao cabalo con manchas na cabeza de distinta cor que o resto do corpo.
Zaíno: Dise do cabalo coa capa de cor castaña pura e uniforme.
Zambrelo: Animal coas pernas tortas e que, ao andar, se tocan unha coa outra.
Zampallón: Dise do cabalo vello que trota mal.
Zampeiro: Dise do animal pesado e torpe.
Zapata: Anaco de coiro que se introduce entre a pel das cabalgaduras enfermas, mediante unha incisión no peito, para que supuren por alí.
Zoopedia: Arte de domar e ensinar animais.
Zoreta: Dise da orella do animal que está cortada na punta. Fanada.
Zoreto: Animal co rabo moi curto o sen rabo. Rabelo. Zuro.
Zuar: Atar o carro á besta tirando forte da corda.
Zufra: Correa grosa que sostén as varas do carro de tiro de cabalos.
Zulú: Ihhashi (Suráfrica)
Zuro: Animal co rabo curto o sen rabo. Zoreto. Rabelo.