Sabino: Dise do cabalo con pelame branca, vermella e negra.
Sabucedo: Curro que se celebra en San Lourenzo de Sabucedo (A Estrada) os primeiros sábado, domingo e luns do mes de xullo.
Sacola: Saco de dous fondos. Alforxa.
Saído: Dise dos animais cando están en ceo.
Saltaricán: Dise do cabalo vello e trotador cuxa marcha resulta incómoda para o xinete. Biallo.
Salvaxe: Dise do animal que non está domesticado. Bravo.
Sambarca: Faixa que protexe o peito das cabalgaduras para que os tirantes non as magoen.
Sami: Heasta (Laponia)
San Cibrán: Curro que se celebra no Alto do Cereixo, en Donas (Gondomar) o cuarto domingo de xuño.
Sangue: Temperamento ou forma de 'ser' do cabalo.
Sangue quente: son cabalos áxiles, nerviosos, activos, de formas finas (típico cabalo de monta e carreiras).
Sangue frío: son cabalos pesados, tranquilos e de formas amplas; son os cabalos de tiro.
Sangue medio: son resultados da mestura de sangue quente e de frío, a este grupo pertencen a maioría dos cabalos de deporte non sendo os de carreiras.
Sangradoiro: Parte do pescozo dos animais onde se lles crava o coitelo para matalos. Sangradeiro.
Sangrar: Cravar un coitelo no corpo dun animal para sacrificalo.
Sánscrito: ???(ashva) (Clásico-litúrxica de India)
Santo Tomé: Curro que se celebra na parroquia de Santo Tomé de Recaré (O Valadouro) o primeiro domingo de agosto.
Sapiños: Inflamación ou protuberancia aos lados do freo, na lingua dos cabalos.
Sardo: Cuaddu (Sardeña)
Saúco: Rexión do casco das bestas situada entre a tapa e a palma.
Sazón: Figuradamente, época de ceo das eguas.
Schwäbisch: Gaul (Sur Alemaña)
Seara: Parte dun terreo comunal que se aparcela e cava para o cultivo de cereais, e que pasa logo, xa sen cultivo, de novo ao aproveitamento común.
Seirón: Saco de esparto ou vimbio, con forma de alforxa, que se pon sobre as bestas de carga.
Sela: Especie de asento que se pon nas costas do cabalo para facilitar a monta e para comodidade do xinete.
Selado (1): Curvatura, arquexamento das illargas.
Selado (2): Que ten sela.
Seladoiro: Dise do corpo da cabalgadura onde se coloca a sela.
Selador: Aquel que sela as bestas.
Selar (1): Por a sela a unha cabalgadura.
Selar (2): Aparellar unha cabalgadura.
Selaría: Lugar onde se gardan as selas e outros arreos das bestas.
Selección: Escolla de animais reprodutores coa fin de mellorar a especie.
Seleiro (1): Fabricante ou vendedor de selas ou arreos para as cabalgaduras.
Seleiro (2): Persoa que adoita asegurarse ben na sela.
Seleiro (3): Dise do cabalo que xa foi montado, que xa experimentou nas súas costas a sela.
Selín: Sela rasa e de tamaño pequeno. Selote.
Selote: Sela rasa e de tamaño pequeno. Selín.
Semental: Dise do cabalo que, polas súas características, se destinada especialmente á reprodución e conservación da raza.
Semisoterrado (Curro): Curro que aproveita un desnivel natural do propio terreo (San Cibrán).
Sentada: Para repentina do cabalo que galopa.
Separación (Curro): Xa no curro, os animais sepáranse en diferentes currais segundo sexan bestas preñadas, poldros para a venda ou marcaxe, garañóns, etc.
Serbio: ??? (Konj)
Serik?:?j (Sonora-México)
Serra da Capelada: Curro que se celebra na parroquia de Montoxo (Cedeira) o último domingo do mes de xuño.
Serra do Galiñeiro: Curro que se celebra no lugar de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios (Gondomar) o segundo domingo de xullo.
Serrilla: Peza dos arreos das cabalgaduras, na barbada, con puntas para domar ou sofrear os animais.
Serrillar: Puxar en sentido contrario as dúas rédeas do cabalo cando este colle o freo entre os dentes.
Sesteadoiro: Lugar onde o gando pasa a sesta.
Sestear: Levar o gando a un lugar protexido do sol para pasar a sesta.
Setswana: Pitse (Botsuana)
Sexe: Antiga carruaxe de dúas rodas e un só asento tirada por unha besta.
Shetland*: Cabalo de porte pequeno, das illas Shetland, parecido ao cabalo galego.
Siciliano: Cavaddu .
Sillar: Parte do lombo da cabalgadura onde asenta a sela.
Silvado: Dise do cabalo ou egua cunha pinta en forma de silva na testa.
Sinovia: Bolsa sinovial. Líquido transparente e viscoso que lubrifica as articulacións.
Sobadoiro: Pano ou trapo que se coloca debaixo da albarda para enxugar a suor da cabalgadura.
Sobarba: Barbela de corda que pasa por baixo da barba do cabalo.
Sobeiro: Carreiro aberto na bouza ou na touza polos cabalos ceibes. Subeira. Subeiro.
Sobrecana: Tumor duro e normalmente sen dor na cana do cabalo.
Sobrecilla: Peza de arreo que vai por riba da cinxa para reforzala.
Sobrecuartela: Protuberancia anormal por dilatación das bolsas sinoviais do cabalo.
Sobrecurva: Tumor duro na curva do xarrete das cabalgaduras.
Sobremán: Tumor duro que se forma na man das bestas.
Sobreoso: Vulto anormal nun óso das cabalgaduras.
Sobrepé: Tumor óseo que se desenvolve sobre a coroa dos cascos posteriores das bestas de carga. Sobreoso.
Sobresalto: Galope do cabalo cando corre coas dúas patas dianteiras ao unísono, marcando un único paso.
Sobromán: Enfermidade no casco das cabalgaduras.
Sodra: Pequena fenda que algún cabalo presenta nas coxas.
Sofreada: Acto ou feito de sofrear o cabalo.
Sofrear: Reprimir a andadura espontánea do cabalo por medio do freo.
Soldra: Vulto na articulación da coxa coa perna nos cabalos.
Soleira: Correa da espora que pasa baixo o calzado.
Solípede: Familia de animais que, como o cabalo, só teñen un único dedo en cada pé, protexido por un casco.
Solta (1): Anaco de madeira que se pon ás cabalgaduras nos pés para dificultarlle os movementos. Pexa.
Solta (2): Peza de madeira que se coloca nos pés e mans do cabalo para asentar o paso, utilízase para acostumalo ao paso de andadura. Traba.
Solta (Curro): Unha vez rematadas todas as tarefas do curro procédese á solta dos cabalos que volven á súa vida en liberdade.
Soltar (1): Pór unha solta a un animal para dificultarlle os movementos.
Soltar (2): Quitar a pexa ou solta ao cabalo para ceibalo.
Sombragrís: Cabalo da literatura, ficticio, aparece na saga do Señor dos Aneis e pertence a Gandalf o Gris.
Sopremo: Freo do cabalo.
Sorraia*: Cabalo portugués semellante ao PRG.
Sostible: Sostíbel. Modelo de gandaría perdurable no tempo e que mantén un nivel de produción sen prexudicar ao medio ambiente ou ao ecosistema. É o modelo máis puro de gandaría extensiva.
Soterrado (Curro): Curro por debaixo do nivel natural da terra (Amil)
Sranan: Asi (Crioulo Surinam)
Strategos: Nome do cabalo favorito do xeneral Aníbal.
Suadeiro: Manta ou complemento de tea acolchada que se lle pon debaixo da sela para non danar o cabalo.
Suahili: Farasi (Costa de Somalia a Mozambique)
Subcóncavo: Perfil típico do cabalo galego, lixeiramente afundido entre as cruces.
Subeira: Carreiro aberto na bouza ou na touza polos cabalos ceibes. Sobeiro. Subeiro.
Sueco: Häst.
Sulaco: Corte dado nas orellas do gando que serve para marcalas ou indicar a propiedade.
Suomi: Hevonen (Finés)
Suro: Dise do animal que non ten cauda por ter sido desrabado.
Surpar. Dise da forma de beber o gando. Sorber.
Tabua: Cada unha das caras do pescozo do cabalo.
Taforeia: Antiga embarcación para o transporte de cagalos.
Tagalo: Kabáyo (Filipinas)
Tagante: Azoute antigo. Chicote.
Tagantada: Golpe dado co tagante.
Täi: ??? (Tailandia)
Taleiga: Especie de saco en que se dá cebada ás cabalgaduras.
Taleigada: Porción de cebada que enche unha taleiga.
Taloira: Vara ou aguillada para tanguer o gando.
Tándem: Especie de cabriolé descuberto tirado por dous cabalos en liña.
Tanguer (1): Animar ao gando para ande máis rápido.
Tanguer (2): Conducir o gando, ben solto, ben da corda.
Tapar: Cubrir o cabalo a pisada dunha man coa outra.
Tarpán: É un cabalo salvaxe.
Tascar: Morder o freo as cabalgaduras.
Tátaro: At (Rusia)
Teixo: Dise do cabalo coa capa parda ou castaña escura.
Teliz: Pano que se pon ao cabalo que non vai montado para cubrir a sela.
Temperamento: Carácter dun cabalo. Sangue.
Tenza (1): Parte de monte veciñal que se sortea para cavar ou para rozar o estrume.
Tenza (2): Parcela de monte comunal.
Terzar: Acomodar a carga ou peso nas costas da besta.
Testa: Parte da cabeza entre os ollos e a zona dos cabelos; por extensión, cabeza.
Testeira (1): Parte dianteira da cabeza, fronte.
Testeira (2): Parte da cabezada que cinxe a cabeza da cabalgadura.
Testesiro: Tira de coiro ou doutro material que suxeita a sela ou a albarda para que non se corra para adiante, pasando por baixo do rabo do animal.
Testicondo: Dise do cabalo que ten os testículo recollidos no ventre.
Thieldon*: Cabalo de orixe común coa pura raza galega.
Tibetano: (da) .
Tira-bragal: Correa ou aparello do cabalo sobre as ancas.
Tirante: Corda ou correa pola que tiran os cabalos do carro.
Tira-testa: Parte dos arreos que corresponde á testa ou fronte do cabalo.
Tiro (1): Dise das cabalgaduras preparadas para tirar ou levar cargas (por oposición ás de sela ou monta).
Tiro (2): Tirante dos arreos.
Tiro (3): Conxunto de cabalgaduras que tiran dun carro.
To!: Interxección, úsase para chamar ou deter as cabalgaduras.
Tok: Pisin Hos (Criolla de Papúa Nova Guinea)
Topete: Guecho de pelo que ten o cabalo na fronte.
Topiño: Dise da cabalgadura que ten os pés e os cuartos moi altos.
Tordo: Dise da cabalaría que ten o pelo mesturado de branco e negro. Pedrés.
Tornado: O cabalo acibeche de El Zorro.
Torroña: Curro que se celebra no lugar de Torroña, San Pedro de Burgueira (Santa María de Oia) o primeiro domingo de xullo.
Torzón: Cólico das cabalgaduras.
Touruno: Dise do cabalo mal capado.
Touzar: Piafar o cabalo.
Toxo: Planta ou arbusto que nace no monte, con follas en espiña, e que é unha das bases da alimentación dos cabalos ceibes.
Traba (1): Anaco de madeira ou corda que se pon ás cabalgaduras para que asenten o paso ou para que non escapen. Pexa. Solta. Trava.
Traba (2): Anaco de madeira ou corda que, na doma, se pon ás cabalgaduras no pé para acostumar ao animal ao paso de andadura. Solta. Pexa.
Trabado: Dise do animal preso, pexado.
Trabadoiro: Parte delgada da pata da cabalgadura onde se prende a traba ou pexa.
Trabar: Suxeitar ao cabalo cunha traba nas patas para que perda mobilidade. Pexar.
Tranco (1): Cada un dos pasos ou saltos longos que dá un cabalo en movemento. Ciclo de pisadas desde que o cabalo apoia un pé no chan ata que volve apoiar o mesmo.
Tranco (2): Salto largo das cabalgaduras.
Trabón: Corda ou pexa para trabar as bestas. Traba.
Trancolear: Andar rozando unha pata con outra.
Transcorvo: Dise do cabalo que, ollado de lado, non ten as patas dianteiras ben dereitas.
Transtrabado (1): Dise do cabalo coas mans e o pé dereito brancos.
Transtrabado (2): Dise do cabalo que ten a man dereita e o pé esquerdo sen mancha.
Traspaso: Andadura defectuosa derivada da propia andadura e do paso natural ou castelán. Entrepaso.
Tratante: Persoa que trata ou comercia con cabalos.
Trato: Comercio, negocio con cabalos.
Travesallo: Táboa do potro de ferrar as bestas, paralela ao sarillo, na que se enganchan as cinchas que parten deste.
Traveso: En xeral dise do animal doméstico que non é de raza pura.
Treitadeira: Corda para atar a carga na cabalgadura. Reata. Ramal.
Tremedal: Dise do cabalo cuxas carnes tremen ao andar.
Trenla: Corda que se ata ao cabestro das cabalgaduras para prendelas ou dirixilas. Randeeira.
Tresmallado: Dise do animal separado ou perdido da súa manda.
Triga: Carro tirado por tres cabalos.
Trigario: Entre os romanos, lugar onde se adestraban os cabalos para o circo.
Trillar: Pórselle as patas doridas ás cabalgaduras polo traballo excesivo e, normalmente, por un desgaste excesivo dos cascos.
Trogallo: Traba, pexa.
Troia: Cabalo de Troia, engado, Cabalo de madeira que Ulises e os seus utilizaron para entrar en Troia.
Trompa: Dise do membro xenital do cabalo.
Tronco: Parte central do corpo, sen a cabeza e as extremidades, e da que parten estas.
Tropeada (1): Acto ou feito de tropear.
Tropeada (2): Ruído feito polos cabalos cos pés.
Tropear: Facer ruído cos pés os cabalos ao andar.
Tropel: Tropeada, ruído grande producido polas patas de moitos cabalos.
Tropezón: Dise da cabalgadura que tropeza moito.
Tropilla (1): Conxunto de cabalos que teñen a mesma pelaxe.
Tropilla (2): Conxunto de cabalos que acompañan a unha egua madriña.
Trotada (1): Acto ou feito de trotar.
Trotada (2): Cabalgadura ao trote.
Trotador: Cabalo cuxo paso natural é o trote.
Trotar: Andar o cabalo ao trote.
Trote: Marcha lixeira natural, intermedia entre o paso e o galope dos cabalos, na que moven a un tempo o pé e a man contrapostos, en batidas espazadas.
Trotear: Trotar o cabalo.
Trotón*: Dise do cabalo cuxo paso natural é o trote. Trotador.
Turco: At.
Turma: Na antiga Roma, escuadrón de cabalaría formado por trinta homes.