Quarter Horse*: Cabalo de sela americano, é un belo atleta con músculos espectaculares.
Quechua: Kawallu (Andes)
Queixada: Queixo da cara.
Queixo : Parte saínte do maxilar inferior e zona da cara que lle corresponde.
Quenda: Turno en que cada veciño ou comuneiro ten dereito a utilizar un servizo comunitario, auga, muíño, etc.
Quendada (1) : Primeiro día das quendas.
Quendada (2): Día que corresponde a un veciño a utilización dun servizo común </span>: auga, muíño, etc.
Quenta (1): Quenda e acto de quecer o forno comunitario.
Quenta (2): Período de ceo dos animais.
Quentar: Entrar en ceo os animais.
Querenza (1): Instinto dos animais que os leva ao afán de volver a determinado lugar se son afastados de alí.
Querenza (2): Lugar polo que un animal sente querenza.
Querencioso: Dise do animal que ten moi desenvolvido o instinto de querenza.
Quina: Crina do cabalo.
Quinceno: Poldro arredor dos quince meses.
Rabalbo: Que ten o rabo branco.
Rabanada: Golpe dado co rabo.
Rabanés: Cabalo que vive en estado salvaxe. Tamén chamado cabalo bravo.
Rabaño (1): O total de animais de calquera especie que constitúe gando para unha corte.
Rabaño (2): Grande número de determinados cuadrúpedes que viven en hordas, normalmente en estado salvaxe.
Rabear: Mover, axitar o rabo.
Rabelo: Que ten o rabo curto ou cortado. Rabón. Rabeno.
Rabenar: Cortar o rabo á besta total ou parcialmente.
Rabeno: Dise do animal co rabo curto ou cortado de todo. Rabelo.
Rabicán: Cabalo que ten algunhas serdas brancas na cola.
Rabicheira: Parte do arreo das cabalgaduras que pasa baixo o rabo.
Rabicho: Correa que pasa por debaixo da cabalgadura para suxeitar a sela.
Rabichón: Animal que ten o rabo curto ou cortado de raíz. Rabelo. Rabón.
Rabicurto: Animal que ten o rabo curto. Rabón.
Rabigo: Dise do animal que move moito o rabo, moi excitable.
Rabilongo: Animal que ten o rabo longo. Rabisaco. Algaria.
Rabipreto: Que ten o rabo negro.
Rabisaco: Que ten o rabo longo. Algaria. Rabudo.
Rabiscar: Erguer o rabo a cabalgadura.
Rabo: Prolongación ou extremidade que lle sae a moitos animais pola parte de atrás do corpo.
Rabón: Que ten o rabo curto ou cortado. Rabeno. Rabichón. Rabelo.
Raboso: Animal co rabo longo. Rabilongo. Rabudo.
Rabudo: Que ten o rabo longo. Raboso.
Racial: Relativo ou propio dunha raza.
Radio: Óso longo situado na parte externa do antebrazo das extremidades dianteiras do cabalo.
Raer: Segar e limpar unha roza comunal.
Ramal: Ronzal do cabalo, corda ou correa que se ata á cabezalla do cabalo para guialo. Cabestro. Renda.
Ramalear (1): Conducir unha besta polo ramal.
Ramalear (2): Deixarse levar polo cabalo.
Rampante: En heráldica, dise do cuadrúpede erguido sobre as súas patas traseiras.
Ranilla: Saínte mol, de forma triangular, na planta do pé do cabalo.
Rapa: Tosquía da la, pelo, cabela etc. dos animais.
Rapa (Curro): Momento principal da festa do curro: acción de cortar as crinas e marcar as bestas bravas.
Rapa das Bestas: Conxunto de operacións, convertidas en festa popular e tradicional, de recoller as bestas bravas, acurralas, cortarlle as crinas e marcalas. Curro.
Rapadela: Acto ou efecto de rapar as bestas.
Rapante (1): O que rapa.
Rapante (2): En heráldica, dise do animal representado escarvando o chan.
Rapa Nui: Hoi (Illa de Pascua)
Rapar: Cortar o pelo ou a la a rentes.
Raxeira: Época de ceo dos animais.
Raza (1): Conxunto de individuos cuxos caracteres morfolóxicos son semellantes e se transmiten hereditariamente.
Raza (2): Conxunto de ascendentes e descendentes dunha especie orixinaria dun tronco común.
Raza (3): Subespecie animal que provén de cruzamentos seleccionados polo home para mellorar aspectos utilitarios da especie.
Rea: Fileira, ringleira de cabalgaduras.
Reagrupar (Curro): Agrupar as bestas dispersas para telas dispostas o día do curro. Reunir.
Reata (1): Ringleira de cabalerías.
Reata (2): Corda ou correa longa e cun remate especial para atar a carga da besta.
Rebagón: Prego, cravo de ferradura.
Rebelón (1): Cabalo que non obedece á renda do xinete.
Rebelón (2): En xeral dise da besta teimosa, rebelde.
Rebenco: Correa de coiro para prender o animal.
Rebenque: Especie de látego co que o xinete incita o cabalo.
Recachar: Levantar un animal o rabo encurvándoo. Requichar. Enguichar.
Recargado: Dise do animal coas articulacións das patas inchadas polo exceso de traballo.
Recastar: Cruzar animais da mesma ou de distinta especie ou raza para mellorar as súas características raciais.
Receador: Cabalo que se usa para excitar as mulas.
Réciga (1): Conxunto de pelos grosos, duros e longos da cola e crina do cabalo.
Réciga (2): Crinas preparadas para elaborar cordas.
Recinxir: Volver a cinxir o animal apertando con forza as cinxas.
Recovaxe (1): Conxunto de bestas de carga que van atadas unha atrás da outra para realizar un transporte.
Recovaxe (2): Grupo de recoveiros e as súas bestas de carga.
Recoveiro (1): Persoa que se dedica ao transporte axudado por bestas de carga. Arrieiro.
Recoveiro (2): Home que leva e trae mandados utilizando o cabalo como medio de transporte.
Recua: Conxunto de mulas ou bestas de carga, co seu macho, que acompañaban ao arrieiro. Recovaxe.
Recuar: Andar, ou facer andar algúns pasos para atrás.
Recuón: Dise do cabalo ou besta que ten o mal vicio de recuar.
Rédea: Correa ou corda coa que se conduce as bestas. Arreata.
Refrear: Suxeitar o cabalo co freo para que reduza a marcha.
Reggiano: Caval (Norte Italia)
Reguinchar: Mover ou levantar moito o rabo.
Relinchar: Emitir a súa voz o cabalo. Rinchar.
Relincho: Acto ou efecto de rinchar o cabalo.
Relinchón: Que rincha. Rinchón.
Rello: Corda con fibela para atar o gando.
Remonta: Gado cabalar para o uso militar.
Remonteo: Brinco, movemento do cabalo cando pon as pernas no aire.
Remuíño (1): Crinas enredadas.
Remuíño (2): Disposición do cabalo en espiral.
Rendas: Correas que se lle atan ao freo das cabalerías para guialas. Ramal. Rédea.
Repichar: Levantar ou axitar o rabo os animais cando se enfurecen ou son molestados polas moscas.
Requichar: Mover o rabo os animais.
Requichas, Ir A: Ir escarranchado sobre os ombros doutra persoa. Ás cabaliñas. Ó cabalete. Ás cabaleirolas.
Res: Calquera cuadrúpede que serve de alimento ao home.
Reseño (1): Exame dos sinais característicos do cabalo.
Reseño (2): Marca feita no cabalo, normalmente na súa pata esquerda.
Restillo: Peza de ferro suxeita a un anel da cabezada e ao ramal, que serve para apertar a boca das cabalgaduras cando se queren avivar.
Restrelo: Barbaqueixo de dentes que serve para gobernar as cabalgaduras.
Retranca: Correa que pasa por debaixo da cauda das bestas e impide que a sela escorregue para diante. Baticola.
Retrancar (1): Por a retranca á cabalgadura.
Retrancar (2): Por algún tipo de obstáculo á cabalgadura para impedir que camiñe.
Reunión no Monte (Curro): O propio día do curro os besteiros e axudantes cercan as mandas e condúcenas cara o lugar da parada.
Reunión Previa (Curro): Nos días previos ao curro os besteiros cercan as bestas e condúcenas ao lugar de reunión no monte.
Revezo: Prado ou lugar de pasto para onde se leva o gando para dar lugar a que no que estaba creza de novo o pasto.
Rexistro auxiliar: É o libro onde se anotan os cabalos que non cumpren todos os requisitos para ser un cabalo de pura raza pero si garda bastante fidelidade racial.
Rexistro Fundacional: Rexistro no que, unha vez superadas unha serie de probas e valoracións, se inscriben os cabalos recoñecidos como de Pura Raza Galega.
Riaza: Fenda que aparece no casco dos cabalos.
Rifón: Cabalo pequeno co que se proba se a egua está en celo. Rinchón.
Ril: Cada un dos órganos encargados de filtrar o sangue e de segregar a urina.
Rilada: Excremento de gando cabalar.
Riles: Dise da parte do corpo das bestas situada ao final do lombo.
Rinchada: Rincho do cabalo.
Rinchar: Emitir a súa voz o cabalo, rincho. Guinar.
Rincho: Voz que emite o cabalo.
Rinchón (1): Cabalo que rincha.
Rinchón (2): Cabalo pequeno co que se proba se a egua está en celo.
Ripeiro: Corda para fustrigar os cabalos. Chicote.
Roano: Cabalo coas crinas brancas. Ruán.
Rocín: Cabalo pequeno e fraco. Rocinante.
Rocinante: O cabalo de Don Quijote de la Mancha.
Roibo: Cabalo coa capa tirando a vermella, Rubio.
Romanche: Chaval.
Romaní: Gras.
Romanés: Calul.
Roncollo: Cabalo cun só testículo.
Ronzal: Corda no pescozo ou cabeza do cabalo para suxeitalo ou manexalo.
Rosillo: Dise do cabalo cuxo pelo branco e avermellado produce o aspecto da cor rosada.
Roxo: Cabalo rubio. Tordo.
Rozada: Parte dun monte comunitario que se parcela e cava para unha colleita de cereais e logo pasa, de novo, a aproveitamento común sen cultivar.
Ruán: Tamén Roano. Dise do cabalo co pelo de cor branca e parda, ou branco con manchas grises. Roán.
Rubio: Cabalo que ten o pelo tirando a vermello; roibo.
Rucillo: Dise do cabalo con pelos mesturados de branco, vermello e negro.
Rucio: O burro de Sancho Panza, non tan famoso pola súa sona, como pola súa figura e calidades.
Ruso: ??????
Ruzo: Que ten a capa de cor parda clara, branca ou tirando a branca. Cincento.