Occitano: Chaval.
Ojibwabe: bežigoganži (Canadá-Estados Unidos)
Olfacto: Sentido que permite a percepción de cheiros.
Oliva: Glándula parótida, de froma ovoide, do cabalo.
Ollador: Persoa que os días previos ou o propio día do curro, moi cedo, busca as bestas ceibes polo monte.
Ollalbo: Dise do cabalo que ten manchas brancas arredor dos ollos ou que ten a manía de por os ollos en branco.
Ollizarco: Dise do cabalo que ten os ollos de distinta cor.
Ollo: Órgano da visión.
Onagro: Burro, xumento
Orbita do ollo: Cavidade ósea da face onde se aloxa o globo ocular e algúns anexos.
Orella: Apéndice superior do cabalo por onde escoita. Antigamente marcábase ao cabalo cortándolle un anaco de orella, na actualidade cada vez menos.
Orella cambeira: Orella fanada con forma de media lúa.
Orella cardiñeira: Orella marcada cun ángulo recto en calquera parte da súa superficie.
Orella espuntada: Orella fanada mediante corte da súa metade superior.
Orella fanada: Orella marcada mediante corte. Na actualidade este procedemento de marcaxe está prohibido por considerarse cruel para o animal.
Orella gallada: Orella fanada mediante un tallo lonxitudinal que divide a orella en dúas puntas.
Orelludo (1): Que ten as orellas grandes.
Orelludo (2): Burro. Teimudo, estúpido, obstinado.
Orneador: Dise do burro que ornea frecuentemente. Ornexador.
Ornear (1): Emitir o burro o seu son bocal característico, rinchar o burro. Ornexar.
Ornear (2): Rinchar ou queixarse o burro seguido.
Orneo: Acto de ornear o burro.
Ornexar: Ornear. Rinchar o burro.
Osamenta: Conxunto de ósos dun animal. Esqueleto.
Osatura: Ósos dun animal. Esqueleto. Osamenta.
Oseta: ?æ? (Xeorxia)
Óso: Cada unha das pezas ríxidas que entran na composición do esqueleto dos animais.
Ou!: Interxección para afalar ao gando.
Ourdou: ????? (Paquistán)
Ouvido: Sentido polo que se perciben os sons.
Pa: Parte máis larga da pata dianteira dos cuadrúpedes.
Pacencia (1): Herba que o gando pace no mesmo terreo onde se cría.
Pacencia (2): Lugar onde pace o gando.
Pacer: Comer o gando a herba.
Paciscar: Pastar o rabaño.
Padre: Cabalo para procrear, semental. Nas mandas ceibes, garañón. Pai.
Padreador: Animal que padrea. Padre. Pai. Semental.
Padrear: Procrear, reproducirse.
Paduano: Cavàeo (Noroeste Italia)
Paenla: Freo do cabalo con rendas e correaxe. Rédeas.
Pago: Propiedade comunal dalgunhas zonas de Galicia que é traballada sucesivamente polos comuneiros.
Pai: Cabalo destinado á procreación. Semental. Padre. Garañón.
Palafrén (1): Cabalo ben adestrado e elegante. Faca.
Palafrén (2): Cabalo manso e elegante que adoitaban utilizar as damas.
Palafrén (3): Cabalo de gala de soberanos e nobres, utilizado en particular cando facían a súa entrada nas cidades.
Palafrén (4): Cabalo manso propio de lacaios e criados.
Palafreneiro (1): Mozo que coidaba o palafrén do rei, do nobre ou da dama e o acompañaba.
Palafreneiro (2): En xeral, mozo tratante de cabalos.
Palafreneiro (3): Criado que monta un palafrén.
Palma: Parte do casco das cabalgaduras que asenta sobre a ferradura.
Palla: Cana dos cereais unha vez seca e despoxada dos graos.
Pallada: Mistura de palla e herba destinada ao alimento dos animais.
Pampa: Dise do cabalo que ten unha orella de cada cor ou o corpo de dúas cores.
Pandorca: Dise da besta grande e mal proporcionada, mal feita. Pandorga.
Papiamento: Kabai (Crioulo das Antillas Holandesas)
Parada (Curro): Nalgún curro, momento e lugar onde conflúen as distintas mandas ou grupos de cerco o día da festa ou nos días previos. Na parada os besteiros aproveitan para descansar e recoñecer os animais mentres organizan a baixa.
Parada: Lugar onde hai un semental.
Paradanta A: Curro que se celebra na parroquia de Luneda (A Cañiza) no último domingo de xullo.
Parcería: Reunión de veciños para un fin común.
Parceiro: Persoa que ten parte nun ben común. Parciario.
Parida: Dise da egua que hai pouco tempo que pariu.
Parideira (1): Dise da femia que está en idade de procrear.
Parideira (2): Dise da egua que está próxima a parir.
Pasear: Andar o cabalo a paso natural.
Pashto: ? ?? (Irán)
Paso: Marcha máis lenta do cabalo.
Paso Fino: Tranco lateral a catro tempos no que os cascos se levantan pouco do chan en movementos rápidos. Ten a súa orixe na andadura.
Paso Natural: Paso normal do cabalo en catro tempos.
Paso Trabado: Paso semellante á andadura aínda que en catro tempos; característico de cabalos portugueses.
Pastadeiro: Terreo con herba para que o gando paste. Pastadoiro.
Pastar: Comer o gando a herba ou pasto.
Pasteiro: Terreo con herba para que o cabalo paste.
Pastadoiro. Pasto: Alimento do gando. Herba.
Pata: Cada un dos membros ou extremidades dun cabalo cos que se sostén sobre o chan e anda.
Patada: Pancada dada coa pata. Couce.
Pateada: Acto de patear e ruído producido polo mesmo.
Patear (1): Bater cos cascos o cabalo no chan.
Patear (2): Dar couces o cabalo. Coucear. Candear.
Pateño: Dise do cabalo coas patas anchas e curtas.
Patilla: Parte posterior e pouco elevada do selín.
Pé: Extremidade inferior da pata, sobre a que se apoia o animal.
Peeira: No gando cabalar, úlcera da pel entre as unllas.
Pedrés: Cabalo branco e negro. Tordo.
Pedroso: Curro que se celebra no monte Pedroso, Petán (A Cañiza) o terceiro domingo de agosto.
Pega: Correa ou madeira coa que se atan os pés das cabalgaduras que fican soas nos campos. Pexa.
Pegaso: Segundo a mitoloxía, cabalo alado branco de Zeus.
Peito: Parte do corpo das persoas e dos animais cuadrúpedes, rodeada polas costelas, na que están o corazón e os pulmóns.
Peitoral: Arreo que cinxe o peito do cabalo.
Pel: Membrana exterior que cobre o corpo do cabalo.
Pelame: Pel dos animais. Pelaxe.
Pelaxe: Pel dos animais. Pelame.
Pelo, A: Montar sen sela, directamente sobre a pel do animal.
Penca: Mancha pequeniña e parda na cara ou noutra parte do corpo.
Penco: Cabalo de desfeito.
Pensadura: Acto de pensar os animais.
Pensar: Dar penso aos animais.
Penso: Preparado de alimento seco para os animais.
Percherón: Cabalo de tiro de raza francesa orixinaria de Perche; animal de gran tamaño de pelaxe gris e negra. Forte, sólido pero elegante, é o cabalo pesado máis coñecido.
Pernada: Couce, patada.
Perfil recto: Parte dun cabalo que o lombo non se curva nin para arriba nin para abaixo.
Perna: Por extensión, membros traseiros ou inferiores do cabalos.
Persa-Farsi: ??? (asp)
Pescozo: Parte do corpo que une a cabeza ó tronco.
Pesebre: Sitio destinado a comer os animais.
Petroglifo: Gravado prehistórico feito en pedra. Hai petroglifos sobre o cabalo e a súa cultura en numerosos puntos de Galiza (Sabarís, Couso, Viladesuso, Sabucedo, Muimenta...)
Pexa: Peza de diferentes materiais e formas coa que se traban as mans e pés do cabalo para dificultarlle os movementos. Piega. Solta. Pega.
Pexada: Corda coa que se ata un animal a unha estaca.
Pexado: Dise cando o cabalo non se pode mover porque ten as patas atadas cunha pexa.
Pexar: Atar cunha cadea, corda ou anaco de madeira as patas dun animal para que non escape. Trabar.
Peza: Tempo sinalado para cada moer cada veciño nun muíño común.
Piafar: Golpear o chan o cabalo, subindo e baixando as as patas dianteiras, sen andar. Touzar.
Piafe: Movemento que fai o cabalo ao bater o chan coas patas estando parado.
Piamontés: Caval (Noroeste Italia)
Picadeira: Peza de ferro curva e dentada que se pon no queixo dos cabalos para dominalos.
Picadeiro: Lugar onde se adestran cabalos e onde se aprende a montar mediante exercicios de equitación.
Picar: Esporear o cabalo para apertar o paso. Picar esporas.
Picardo: Quéva (Francia, Bélxica, Holanda)
Picaría: Arte da equitación.
Picón: Cabalo co beizo inferior máis voluminoso que o superior.
Piega: Pexa, peza grande de madeira coa que se traban os pés do cabalo para dificultar os seus movementos. Solta.
Pigarzo: Dise do cabalo de cor grisalla ou manchado de branco e negro.
Pileca: Cabalgadura pequena e ordinaria.
Pinallo: Temón do carro e doutros apeiros de labranza onde van enganchados os animais de tiro. Cabezallo. Cabezalla.
Pinote (1): Couce, patada do cabalo.
Pinote (2): Salto de cabalgadura:
Pinotear: Dar pinotes. Saltar a cabalgadura.
Pinto (1): Cabalo escuro que ten manchas brancas.
Pinto(2): Cabalo de dúas cores.
Pinza: Rexión interna e interior do casco das cabalgaduras.
Pío: Cabalo a manchas de cores diferentes
Piqueira: Parte dianteira da albarda acabada en punta e revestida de pel de porco.
Pirueta: Volta dada polo cabalo sobre unha das súas patas.
Piruetar: Facer piruetas o cabalo.
Poio: Pedra colocada á porta dos mesóns para axudarse a subir ás cabalgaduras.
Polaco: Jazda
Polainas: Peza de coiro ou palla que cobre as pernas para montar.
Pólo: Xogo colectivo de pelota que se practica a cabalo.
Poldreiro: Relativo aos poldros e poldras.
Poldril: Lugar onde se crían poldros.
Poldro: Cría do cabalo desde que nace ata que muda os dentes, máis ou menos os catro anos e medio. Poltro.
Ponei (1): Cabalo fino e áxil de raza pequena, duns 150 cm de altura máxima ata a cruz.
Ponei (2): Calquera cabalo pequeno.
Poni Celta: Cabalo pequeno de orixe galega que dá lugar a actual pura raza galega.
Porta-rabo: Anaco de lenzo que une as partes da albarda e pasa baixo o rabo da cabalgadura.
Porte: Aspecto físico dunha cabalgadura. Feitura.
Porteiro: Persoa que permite a entrada e saída dos cabalo no curro.
Portugués: Cavalo
Posperna: A parte da perna das bestas entre a curva e o cadril.
Posta (1): Estación de muda de cabalos, colocada de distancia en distancia para servizo dos viaxeiros.
Posta (2): Conxunto de cabalos da antiga dilixencia que se intercambiaba nunha posta.
Posteiro: Persoa que coidaba os cabalos dunha posta.
Postillón: Persoa que monta nun dos cabalos da fronte, cando o carro é tirado por máis dunha parella.
Pote: Comida quente para o gando.
Potrada: Conxunto de poldros dunha mesma egua ou dun mesmo dono.
Potreiro: Negociante en poldros ou, en xeral, en gando cabalar.
Potril: Patio ou alpendre onde se recollen os poldros para os adestrar.
Potro: Cabalo novo, de menos de tres anos. Poldro.
Pottoka*: Pequeno cabalo de Europa central próximo ao CPRG.
Prado: Terreo que produce herba, fento ou plantas de forraxe principalmente para alimento do gando.
Prado da Canda: Curro que se celebra no Prado da Canda (O Covelo) o segundo domingo de agosto.
Prea: Corpo morto ou apodrecido dun cuadrúpede.
Presenza: Feitura, aspecto físico dunha cabalgadura. Porte.
Presepe: Lugar onde se recolle o gando. Curral. Pesebre. Presepio.
Pretal: Correa que suxeita a montura da cabalgadura, pasando polo peito do animal.
Przewalski*: Cabalo polaco de orixe común co CPRG.
Púa: Parte da espora do xinete que entra no talón.
Pugliese: Cavadd (Sueste Italia)
Puro-sangue (1): En xeral dise do cabalo de raza pura, sen cruzamento con outras razas.
Puro-sangue (2): Cabalo que descende da raza creada a partir do cruzamento de eguas inglesas con sementais orientais e que se caracteriza pola súa velocidade.