Macedonio: (Koh)
Macho (1): Animal do sexo masculino.
Macho (2): Animal híbrido de sexo masculino proveniente do cruzamento de burro con egua ou de cabalo con burra. Mulo.
Maia: Tsiimin (Iucatán (México)-Guatemala)
Malacara: Dise do cabalo que ten malla branca desde a parte anterior da cabeza ata o peito.
Malacate: Torno movido por cabalgaduras que se emprega, por exemplo, para arrastrar o arado.
Malaio Kuda .
Maleado: Curro que perdeu a súa esencia tradicional para se converter nunha festa turística máis e na que as actividades non se corresponden totalmente cos costumes de sempre.
Malgaxe: Soavaly (Madagascar)
Malla: Mancha na pel do animal. Mácula.
Maltés: Z iemel
Man: Extremidade dos membros dianteiros dos cuadrúpedes.
Manada: Grupo de animais cuadrúpedes que van xuntos. Manda.
Manadío: Relativo á manada: que vive en manada.
Manalbo: Dise do cabalo que ten mallas brancas nas extremidades dos membros anteriores.
Manchado: Cabalo coa capa dunha cor e con pequenas pintas de outra.
Mancomunar: Unir as forzas para un fin, combinarse con outros para alcanzar un fin.
Mancomunación: Acto ou efecto de mancomunar.
Mancomún: De man común, mancomunado.
Mancomuneiro: Pertencente á mancomunidade.
Mancomunidade: Asociación de persoas ou entidades para fins comúns.
Manda: Conxunto de cabalos que viven xuntos no monte.
Maneiro: Dise do animal afeito a comer da man do coidador.
Manexo (1): Arte de domar ou ensinar cabalos.
Manexo (2): Mestura de arte e ciencia que procura a mellor relación entre o xinete e a montura de xeito que esta actúe fielmente seguindo as indicacións daquel.
Manexo Natural: Xeito de lograr que o cabalo faga pola súa vontade e sen intimidacións o que a priori non está disposto a facer. Procura a participación voluntaria do cabalo nos desexos do xinete.
Maniota: Freo para prender as mans do animal. Pexa.
Manopla: Látego de cocheiro de cabalos.
Manso (1): Cabalo brando de xenio.
Manso (2): Cabalo que non está en estado silvestre, domesticado.
Manta: Pano de la que se pon baixo a sela da cabalgadura para protexela ou despois de quitar esta, para que non arrefríe.
Mantelo: Manta con adornos para cubrir o aparello das cabalgaduras.
Manto: Pelo curto que envolve a cabeza e que da cor ao seu pelo.
Manxadoira (1): Especie de taboleiro fixo en que se bota o alimento aos animais.
Manxadoira (2): División do pesebre para que o gando poida meter a cabeza para comer.
Maorí: Hoiho (Nova Zelanda)
Mapuche: Kawell (Araucano Chile-Arxentina)
Maquia: Vez no uso do muíño comunitario.
Marañón (1): Cabalo semental, é o que dirixe a grea. Garañón. Griñón.
Marañón (2): Dise do animal montés, salvaxe e grande.
Marathi: ???? (ghora) (Oeste India)
Marca: Sinal distintivo para identificar a propiedade dunha cabalgadura.
Marca na orella: Cambeiro: Corte da orella con forma de media lúa.
Marca na orella: Cardiñeiro: Marca consistente nun corte en ángulo recto practicado en calquera parte da orella.
Marca na orella: Espuntada: Marca da orella consistente en cortar a metade superior. Fanada.
Marca na orella: Fanada: Córtase a metade superior da orella. Tamén chamada Espuntada.
Marca na orella: Gallada: Marca que consiste nun tallo lonxitudinal que divide a orella en dúas puntas.
Marcar: Sinalar os cabalos novos con ferrou ou con outros procedementos de maior ou menor aceptación e ética ecolóxica.
Marcaxe (Curro): Acción e efecto de marcar os cabalos. Existen diferentes métodos; en Galicia tradicionalmente márcase ao ferro ou por corte na orella; este último está rexeitado por ser moi cruel co animal.
Marcha: Modalidade de desprazamento ou paso do cabalo en dous movementos: cada un deles das dúas extremidades dun mesmo lado, en alternativa coas do lado oposto. Paso típico para asistir ás feiras galegas e para pasearse nelas. Andadura.
Marcha Artificial: Tipo de marcha que se lle aprende ao animal e que non sae das súas características senón da arte do domador.
Marcha Natural: Marcha do cabalo que saca da súa propia natureza, sen axuda da arte.
Marcha Natural Imperfecta: Son marchas deformadas por unha natureza débil ou arruinada do cabalo. A andadura e todos os seus derivados son marchas naturais imperfectas.
Marcha Natural Perfecta: Sen vicios ou deformacións. Son tres: o paso, o trote e o galope.
Marchas: Xeitos ou formas de se desprazar o cabalo. Hainas naturais e artificiais e, dentro das naturais, perfectas e imperfectas.
Marengo: Nome dun dos cabalos de Napoleón Bonaparte.
Marialva (1): Relativo ás regras de cabalgar á xineta establecidas polo marqués de Marialva.
Marialva (2): Bo cabaleiro, que monta ben a cabalo.
Marón: Enteiro. Animal macho que non foi capado.
Martingada: Tipo de arreo das bestas.
Masai: Osikiria Okedi (Kenia-Tanzania)
Mastigadoiro: Especie de freo que facilita aos cabalos a mastigación.
Mata-Cabalos: Planta de zume moi cáustico e velenoso que é prexudicial para o gando.
Matadura: Ferida leve causada polo rozar dos arreos na pel da cabalgadura.
Matagal: Extensión cuberta de plantas bravas na que viven os cabalos en liberdade. Matoxal.
Matalote: Dise do cabalo fraco, trotador e de mal paso.
Mato: Terreo inculto, cuberto de plantas agrestes, ecosistema típico dos cabalos galegos ceibes.
Matungo: Cabalo vello e inútil.
Maturrango: Cabaleiro malo, mal xinete.
Maxiar: Egyes sz?m (Hungría)
Mazaneta: Parte máis alta da sela, na dianteira.
Medula: Columna de tecido nervioso que vai desde a base do cranio cara abaixo.
Medúseo: Dise de Pegaso, cabalo que, segundo a mitoloxía, naceu do sangue de Medusa, deusa da maldade. Medúsico.
Melena: Crina do cabalo.
Mera: Parte dun todo comunal que lle corresponde a cada un dos veciños.
Meréns: Cabalo dos Pirineus de orixe semellante ao PRG.
Mingoke: ?õtane?hkwi (Ohio)
Modenés: Cavãl (Norte Italia)
Moldavo: Cal (Moldavia-Romanía)
Mongol: ???? (mor')
Monta (1): Acto e efecto de montar a cabalo.
Monta (2): Período no que se realiza o cubrimento na parada de sementais.
Montada (1): Acto ou efecto de montar.
Montada (2): Cabalgadura para montar.
Montado: Posto sobre un cabalo ou outro cuadrúpede.
Montadoiro: Poio para facilitar a monta ao cabalo. Poio.
Montar (1): Colocarse sobre unha cabalgadura.
Montar(2): Cubrir o cabalo á egua.
Monte Castrove: Curro que se celebra na parroquia de San Xoán de Poio (Poio) a fin de semana seguinte ao 15 de agosto.
Monte de man común: Monte no que todos os veciños son propietarios.
Montear: Correr á cabalo polo monte.
Montícola: Animal ou persoa que se criou ou vive no monte.
Montura: Animal que se pode cabalgar. Conxunto de arreos dunha sela de montar.
Moñicos: Cestos de cachas para o transporte en cabalerías.
Mordavo: (Lislumae) (Mordovia-Rusia)
Mordaza: Aparello que se coloca no fociño a certos animais para que non traben ou coman alimentos prexudiciais ou fóra de tempo.
Mordedeira: Peza de metal, dentada a xeito de serra, que vai sobre o morro da cabalgadura para freala.
Morfolóxico: Referido ás características externas de raza para ver se se axustan ao modelo definido.
Morgadáns: Curro que se celebra no lugar de Fechaduras, en Morgadáns (Gondomar) o terceiro domingo de xuño.
Mormo: Doenza contaxiosa que ataca ás cabalgaduras e a outros animais, transmisible ao home, e caracterizada por secrecións nasais abundantes, purulentas ou sanguíneas, respiración neumónica e nódulos e úlceras cutáneas.
Morro: Fociño, labios grosos dos animais.
Mosca Burriqueira: Mosca de cor parda clara que pica as cabalgaduras onde o coiro é máis débil. Mosca de besta. Mosca de Burro. Moscaveira. Mosca Caira.
Moscas, Curro das: Nalgunhas zonas, curro complementario que se realiza na época de máis abundancia de moscas para desinfectar as bestas.
Moscaveira: Mosca de burro. Mosca que morde ás bestas na súas partes máis débiles.
Moso: Parte do freo que vai na boca do cabalo. Barra.
Mosquexar: Sacudir un animal as orellas, o rabo ou co corpo en xeral para espantar as moscas.
Mougás: Curro que se celebra na paraxe de Oia Pernal, en Mougás (Santa María de Oia) o segundo domingo de xuño.
Mu: Mulo.
Muar (1): Pertencente á raza dos mulos.
Muar (2): Mulo. Híbrido de burro e egua ou de cabalo e burra.
Mula choca: Mula que vai na parte final dunha recua levando no pescozo un chocallo para animar ás que van diante.
Mulada: Fato de mulas. Muletada.
Mulateiro: Burro semental destinado a cubrir eguas para a produción de mulos. Muleteiro.
Muleiro: Cabalo afeccionado ás mulas.
Muletada: Fato de gando mular. Mulada.
Muleteiro (1): Persoa que trata en mulos.
Muleteiro (2): Arrieiro de mulos.
Muleteiro (3): Burro para cubrir eguas para a produción de mulos. Mulateiro.
Mulo: Cuadrúpede fillo de cabalo e burra ou de egua e burro. Mu. Macho.
Mulo Burreño: Híbrido de cabalo e burra.
Munstang*: Adaptación a América do Norte dos cabalos, a maioría de razas próximas ao CPRG, levados polos descubridores.
Murcelo: Dise do cabalo negro.
Nacho: Dise do cabalo derreado dos cuadrís.
Náfego: Dise do cabalo que ten unha das ancas ou cadrís máis pequena que a outra.
Nafrarse: Curvarse o cabalo polos cadrís. Derrearse.
Náhuatl: Cahuayoh (Azteca-Tolteca)
Nariz: Ventas do cabalo.
Natural: Que se produce sen ser obrigado ou violentado; xeito de doma, marcha, etc., que respecta a natureza do cabalo.
Natureza: Conxunto de caracteres que fan que un animal pertenza a unha especie ou categoría determinada.
Navajo: li´i´ ´ (Arizona, Novo México...)
Neerlandés: Paard
Necio: Dise do animal derreado de cuadril.
Negro: Cabalo totalmente negro, sen ningunha mancha no corpo.
New Forrest*: Raza de cabalos de Inglaterra.
Nizardo: Cavau (Niza)
Noruegués: Hest