Ladear: Andar do cabalo de lado ou para os lados.
Ladrairo: Conxunto de táboas que se colocan no lateral do carro do cabalo para que non caia a carga. Ladral.
Ladral: Conxunto de táboas que se colocan no lateral do carro do cabalo para que non caia a carga. Ladrairo.
Ladras: Nome que lle dan os agricultores ás eguas ceibes que entran nos seus campos.
Lakota: Tasunke (Norte do r?o Missouri)
Landés: Cabalo da rexión francesa das Landes, de características semellantes ao PRG.
Landrillón: Vultos do gando cabalar que conteñen unha especie de auga amarela e que nacen nas úngulas e curvas.
Latín: Equus caballus.
Lazar: Prender o cabalo con lazo. Lazo: Corda cunha lazada corredía nun extremo, que serve para suxeitar animais.
Lazlos: Primeiro cabalo de Mahoma, co que fixo a súa primeira peregrinación a A Meca.
Leal (1): Dise do animal doméstico, en especial do cabalo e do can, que se amosa fiel ao seu dono.
Leal (2): Cabalgadura que non é falsa.
Lear: Pelexar o gando entre si.
Legüis: Variante de polainas, de coiro, moi estilizadas e de deseño. Era complemento diferenciador e o cabaleiro coidábaas con meco.
Leira: Cada unha das partes en que se divide unha seara comunal, para traballala, e pertencendo cada anaco a un veciño ou comuneiro.
Levantar de mans: Movemento que fan os cabalos, erguen as patas de adiante e quedan sobre as dúas da atrás.
Libro Auxiliar: Rexistro en que figuran os cabalos que solicitan a súa catalogación como “de raza”.
Libro Xenealóxico: Rexistro en que figuran inscritos os reprodutores de ambos sexos dunha raza de animais (cabalos) xunto coa súa filiación.
Limburgués: Taam Pe?rd (Limburgo, Francia-Bélxica).
Liña de sangue: Rama da descendencia completa dun cabalo que vai definir as súas características.
Lituano: Arklys.
Lixo: Doenza que sofren os cabalos ao gretárenselle a lingua.
Lombar: Relativo ou pertencente ao lombo.
Lombardo: Cav?l (Lombardía, Norte Italia).
Lombear: Mover o lombo os cabalos.
Lombo: Parte traseira e superior do corpo dos cuadrúpedes, por detrás do abdome e a cada lado da columna vertebral.
Lomedro (1): Óso do cadril.
Lomedro (2): Parte da perna desde o xeonllo á xuntura da cadeira.
Loriga: Antiga armadura do cabalo para o uso na guerra.
Lorigado: Cabalo revestido con loriga para a súa protección.
Loro: Correa dobre que suxeita o estribo.
Louro: Dise do cabalo coa capa de cor intermedia entre o dourado e o castaño claro.
Losino: Cabalo semellante ao galego da zona de Burgos.
Lumes: Parte central da ferradura.
Lunfardo: Matungo (Río da Prata; Arxentina-Uruguai).
Lupinose: Enfermidade do cabalo producida pola lupinotoxina.
Luva: Bolsa ou rede metálica para limpar a peluxe aos cabalos.
Luxemburgués: P?erd.