Hábitat: Ambiente que ocupa unha poboación de animais ou plantas. Espacio que reúne as condicións adecuadas para que o cabalo poida residir e reproducirse.
Hacaneia: Cabalgadura de tamaño medio, mansa e elegante.
Handicap*: Proba hípica na que participan cabalos de todas as clases e nas que se igualan as posibilidades de vitoria segundo a diferenza de peso.
Hausa: Dàw?kai (Doki) (Níxer e Nixeria)
Hawaiano: Lio.
Hebreo: ??? (sus).
Hemíono: Especie de cabalo salvaxe de Mongolia que os evolucionistas consideran o paso intermedio entre o burro e o cabalo.
Herbívoro: Dise do animal que se alimenta exclusiva ou esencialmente de elementos vexetais. O cabalo é un animal herbívoro.
Highland*: Familia de cabalos de Escocia con características moi semellantes aos galegos.
Hin: Onomatopea para representar a voz do cabalo e a mula.
Hindi: ???? (Ashv).
Hipiatría: Especialidade da veterinaria centrada nas enfermidades e desenvolvemento dos cabalos.
Hipiátrico: Pertencente ou relativo á hipiatría ou aos cabalos.
Hipiatro: Médico veterinario especializado en cabalos.
Hípica: Parte da equitación que abrangue as carreiras e saltos de competición.
Hípico: Pertencente ou relativo ao cabalo. Cabalar. Equino.
Hipismo (1): Coñecementos relativos á cría i educación de cabalos, en especial cando está centrada nos deportes hípicos.
Hipismo (2): Deportes hípicos.
Hipismo (3): Carreiras de cabalos.
Hipo: Prefixo, de orixe grega, que relaciona a idea de cabalo.
Hipocampo: Mostro fabuloso metade cabalo metade peixe.
Hipocentauro: Animal fantástico coa metade do tronco e as extremidades de cabalo e resto do tronco e cabeza de home. Centauro.
Hipodromía: Arte de dirixir carreiras de cabalos ou de correr a cabalo dentro dun hipódromo.
Hipódromo: Local específico en que se realizan probas deportivas de cabalos.
Hipogrifo: Animal fabuloso metade cabalo metade grifo.
Hipólogo: Persoa que se dedica á hipoloxía.
Hipoloxía: Tratado acerca dos cabalos.
Hipomancia: Entre os antigos gregos, arte de adiviñar por medio do rinchar e dos movementos dos cabalos.
Hipómanes (1): Corremento que se desprende da vaxina das eguas co ceo.
Hipómanes (2): Vulto carnoso saínte na fronte dos poldros.
Hipomanía (1): Gosto apaixonado polos cabalos.
Hipomanía (2): Especie de manía ou frenesí que ataca aos cabalos.
Hipomaníaco: Persoa que ten hipomanía.
Hipómetro: Instrumento veterinario para medir a alzada do cabalo.
Hipomóvel: En xeral, todo vehículo tirado por cabalos.
Hipopatoloxía: Patoloxía ou enfermidade do cabalo.
Hipopatolóxico: Pertencente ou relativo á hipopatoloxía.
Hipoterapia: Tratamento de diversas afeccións físicas ou mentais a través do contacto con cabalos. O cabalo de PRG, polas súas características raciais, resulta especialmente indicado para a hipoterapia.
Hipotomía: Anatomía do cabalo.
Hipotómico: Pertencente ou relativo á hipotomía.
Hmong: (Mees) (Laos).
Horsa*: Egua ou cabalo de orixe inglés, de gran tamaño.
Hou!: Interxección empregada para facer parar ao cabalo. Xo!
Húmero: Óso da pata do cabalo, vai desde o xeonllo ata o lombo.
Húngaro: L?
Húsar: Soldado de cabalaría lixeira en Alemaña e Francia. Cabaleiro húngaro.
Ido: Kavalo (Artificial para reformar o esperanto).
Illal: Cada unha das depresións laterais, por debaixo dos lombos, dos cabalos.
Illarga: Espazo inferior e lateral do baixo ventre das cabalgaduras, entre as costelas e os ósos dos cadrís. Virilla. Flanco.
Incitatus*: Cabalo de carreiras, de orixe española, favorito de Calígula.
Indócil: Cabalgadura brava, pouco submisa, indomábel.
Indocilidade: Calidade ou carácter de indócil.
Indomábel: Cabalgadura que non se pode domar, indomesticable.
Indomado: Non domado ou domesticado.
Indomesticable: Que non se pode domesticar, indomábel, bravo, salvaxe.
Indomesticado: Non domesticado, indomado.
Indoméstico: Non doméstico, bravo, salvaxe.
Indominable: Que non se pode dominar, indomesticable.
Indonesio: Kuda.
Inglés: Cabalo de sela que foi criado en Inglaterra a partir de cabalos árabes. É o cabalo máis rápido do mundo.
Inglés (Idioma): Horse
Instinto: Tendencia, actividade automática de orixe hereditaria e adaptada ás condicións de vida para cada especie; en aparencia é inconsciente da posible finalidade.
Intensiva: Dise da gandaría baseada no principio fundamental de obter o máximo beneficio, no menor tempo posible, concentrando os medios de produción e mecanizando e racionalizando os procesos, para incrementar constantemente o rendemento produtivo. Contraria a gandaría extensiva.
Interlingua: Cavallo (IALA Artificial por simplificación do latín).
Intestino: Parte do tubo dixestivo, de máis ou menos lonxitude, que comeza a partir do estómago.
Islandés (Idioma): Hestur.
Inupiak: Tuttuqpak(Norte Alaska)
Islandés (Idioma): Hestur.
Italiano: Cavallo..
Kirguiz: (at) (Kirguizistán)
Klallam: Stiq?w(Pen?nsula de Washington).
Kurdo: Hesp.