Gachas: Dise das orellas do gando mular cando as tenden para atrás con ánimo de trabar.
Gadella: Pelo que cae sobre a fronte do cabalo. Guedella. Gadello.
Gado: Nome xenérico utilizado para designar o conxunto e animais domésticos que se crían para traballos agrícolas ou para o consumo. Gando.
Gaélico Unificado: Each.
Gaélico-Escocés: Each.
Gaélico-Irlandés: Capall.
Gaélico-Manés: Cabbyl (Illa de Man).
Galápago*: Montura moi fina, sela que gastaban os señoritos ou fidalgos; o nome vén da semellanza coa cuncha do galápago ou sapoconcho.
Galapo: Almofada que se coloca na sela do cabalo.
Galego: Cabalo.
Galés*: Cabalo do País de Gales semellante ao PRG.
Galés: Ceffyl.
Galla: Enfermidade no casco das cabalgaduras.
Gallope: Paso máis rápido do cabalo. Galope.
Galó: March (Bretaña).
Galón: Salto dado polo cabalo arqueando o dorso.
Galopada (1): Carreira dada ao galope.
Galopada (2): Espazo percorrido galopando sen interrupción.
Galopado: Dise do cabalo ensinado para galopar.
Galopar (1): Andar o cabalo ao paso de galope.
Galopar (2): Cabalgar en cabalo vai ao galope.
Galope: Aire ou marcha máis veloz do cabalo na que avanza saltando sobre as patas traseiras
Gamarra: Correa que se ata da cinxa ao bocal da cabalgadura para que non levante moito a cabeza.
Gandería: Actividade de cría e coidado do gando.
Gando: Conxunto de animais domésticos. Gado.
Gando Groso: Gando grande e de catro patas que se cría xunto, en especial, cabalos, bois e vacas. Por oposición a miúdo, no que entrarían cabras ovellas e outros de menor tamaño.
Gando miúdo: Gando pequeno que se cría xunto na casa. Por oposición ao gando groso.
Gañar a Cebada: Por extensión do cabalo, dise cando alguén fixo o seu traballo satisfactoriamente.
Gañidoira A: O Curro de A Gañidoira celébrase en Muras o terceiro domingo de setembro.
Gapear: Alzar o cabalo as patas dianteiras como querendo acometer.
Garañón: Cabalo semental, é o que dirixe a grea. Griñón. Marañón.
Garrano: Cabalo portugués moi parecido ao P.R.G.
Garrancho: Doenza no casco das cabalgaduras.
Garrotillo: Doenza dos cabalos producida pola infección do estreptococo equino.
Garrucha: Pau corto para coller ou soltar a corda coa que se armaban as bestas.
Garupa (1): Parte posterior e superior das cabalgaduras, entre o lombo e o rabo. Anca do cabalo. Cadril. Anca.
Garupa (2): Maleta, bolsa ou alforxa que se leva na garupa ou detrás da sela.
Garupa (3): Correas que pasan por debaixo da cola e coas que se prende á sela o que se leva na garupa do cabalo.
Gastallo (1): Especie de grade alzada que se pon no lombo das cabalgaduras para poder levar carga.
Gastallo (2): Burro débil, de físico pouco resistente.
Gasto: Excremento do gando cabalar.
Gateado: Cabalo amarelo-vermellado, baio.
Gato: Exceso de carne na parte superior do pescozo do cabalo.
Gavián: Cada un dos últimos dentes de cada lado do maxilar superior das cabalgaduras.
Gaxada: Peza que nalgún curro se utiliza para o agarre das bestas para proceder á súa marcaxe e/ou rapa; pértega ou vara longa rematada nunha peza metálica en forma de "S" da que pendura un cabestro de corda que é polo que se pasa a cabeza do animal.
Genitor*: Cabalo de Xulio César. Gobernar: Obedecer o cabalo a acción das rendas.
Gogo: Doenza das cabalgaduras transmisible ás persoas. Mormo.
Gornición: Guarnición. Conxunto de correaxes e demais cousas que se lle pon ás cabalgaduras para montalas.
Gosma: Inflamación na mucosa das vías respiratorias dos poldros.
Gótico: (aíhus)
Grade: Especie de escada, nos pesebres das cabalgaduras, para conter a herba que se lles bota como penso.
Gradil: Conxunto de vértebras do pescozo.
Gran: Semente froito dos cereais e doutras plantas co que se alimentan os cabalos.
Grapa: Chaga na parte dianteira da curva e na traseira dos brazos das bestas.
Grea: Manada de eguas e cabalos bravos coas súas crías. Manda.
Grego Clásico: ?pp??
Grego Moderno: ?????
Grifo: Animal fabuloso con cabeza de aguia e garras de león. Mesturado co cabalo dá pé ao hipogrifo.
Griñón: Cabalo semental, é o que dirixe a grea. Garañón. Marañón.
Grupeira (1): Correa da sela de montar que pasa por debaixo da cola.
Grupeira (2): Almofada que se pon por detrás da sela para levar a maleta.
Guaraní: Kavaju (Amazonas)
Guarda-arnés: Lugar onde se gardan os arreos das cabalgaduras.
Guarnición (1): Xaeces, aparellos e adornos para bestas.
Guarnición (2): Parte da ferradura que sobresae do bordo do casco.
Guedella: Mata de pelo que lle cae ao cabalo sobre a fronte. Gadella. Topete.
Guía (1): Cada unha das correas longas que van do freo do cabalo de tiro á man do cocheiro.
Guía (2): Correa longa que vai desde unha argola do cabezón do cabalo á man do adestrador e por medio da cal este o dirixe no picadeiro.
Güianés: Chouval (Crioulo de Güiana)
Guiar: Gobernar o cabalo.
Guinada: Salto do cabalo para esquivar o castigo do cabaleiro.
Guinar: Emitir a súa voz o cabalo ou egua. Rinchar.
Guincha: Egua nova.