Faba: Inchazón no ceo do padal dos eqídeos.
Faca: Egua de tamaño mediano.
Faca Galega: Raza de cabalos galegos produto da dexeneración da raza pura a través de numerosos cruces.
Facaneia: Cabalo ou egua elegantes, de tamaño mediano, ordinaiamente usados para cabalaría. Faca.
Faca Soriana: Jaca*. Cabalo castelán de características semellantes á faca galega.
Faco: Cabalo ruín, sen caste, mal formado, con pouca forza.
Falanxe: Óso do dedo.
Falso: Dise da besta que ten resaibo e tira couces mesmo sen fustigala.
Famelgo: Cabalo fraco. Barrufeiro. Faco.
Fanado (1): Dise do cabalo marcado cun corte na orella.
Fanado (2): Dise do animal mutilado, que lle falta unha orella, corno, etc.
Fanar: Dar un corte na orella do cabalo para marcalo. Moi tradicional nalgunhas zonas, hoxe é unha técnica de marcaxe maioritariamente rexeitada.
Faneros: Ou tamén Faneras. Crinas e cola do cabalo.
Fantil: Dise do cabalo ou egua de boa raza e boa alzada.
Faquitrós: Cabalo pequeno e de mal aspecto. Fariñeiro.
Fariñeiro: En xeral, dise do animal ordinario, vulgar, i en concreto, do cabalo. Faquitrós.
Feira Cabalar: Grande mercado público, normalmente en datas sinaladas e lugares determinados, no que se comercia con cabalos. Feiras do cabalo de sona en Galicia atopamos: Arredor de marzo-abril: Ortigueira (san Marcos), A Silva (Rodís), Tui (san Bartolomé e san Telmo), Padrón (Pascua), Moeche. Por xuño: Mougás (Oia), Monterroso, Santa Comba. Xullo: Candaoso, (Viveiro, co curro), Ponteceso. Agosto: Chantada, Pedrozo (O Pino), Xove, O Pedroso (A Cañiza, polo curro). Setembro: Castro de Rei, Augaxosa (Riotorto), Muras. Outubro: Silleda. Novembro: A Ramallosa (Teo, san Martiño), Santa Comba. Caamaño (Porto do Son).
Feirante: Negociante de gando.
Feireiro: Dise do animal fermoso, vistoso, de bo aspecto, que tería boa venda na feira.
Fell*: Cabalo inglés da mesma raíz que o Pura Raza Galega.
Fémur: Óso da coxa, o máis longo e groso dos ósos do corpo.
Feroe: Ross.
Ferra: Acción e resultado de poñerlles ferraduras ós animais.
Ferrado: Dise do animal que leva ferraduras nos cascos.
Ferrador: Persoa que ten por oficio ferra-los animais.
Ferradoría: Lugar onde se ferra ás bestas.
Ferradura: Peza metálica plana de forma adaptada ó casco do animal no que se coloca cravada como protección.
Ferrar: Colocar ou axustarlle as ferraduras a unha cabalería.
Ferraxe: Conxunto das catro ferraduras da cabalgadura.
Ferro: Marca que se lle fai o cabalo cun ferro quente.
Fiacre: Antigo carro dunha praza e tirado por un cabalo.
Fiador: Correa do freo das cabalgaduras.
Fidelidade Racial: Que cumpre coas características que definen a raza correspondente.
Finés: Hevonen.
Flamenco: Paard (Flandes-Bélxica).
Flanco: Cada un dos laterais do corpo do animal.
Floco: Porción de pelo que cae sobre a fronte.
Fociñeira: Correa que forma parte da cabezada do cabalo e que vai por riba das ventas.
Fociño: Parte dianteira e máis prolongada da cabeza do cabalo, onde vai a boca e o nariz.
Folgada: Prado ou cercado onde se deixa o gando para que paste libremente.
Forgoselo: Curro que se celebra na parroquia de Santiago (A Capela) o segundo domingo de xullo.
Forraxe: Calquera clase de herba ou palla que se emprega para a alimentación do gando.
Forraxear: Apañar forraxe para as bestas.
Fouveiro: Cabalo que ten a capa castaña clara, case rubia.
Foxa: Nalgún curro (Mougás), poza fonda con auga e insecticida por onde se fai pasar ás burras despois da rapa e marcaxe para a súa desinfección.
Francés: Cheval.
Freo: Peza metálica que se coloca na boca das cabalerías e que serve para dominalos na súa carreira e movementos.
Frisio: Hynder.
Frisón: Cabalo pequeno, forte, dócil e moi robusto, procedente da Frísia, antiga rexión que coincide con parte da actual Holanda. Da mesma familia que o CPRG. Considerada unha das mellores razas do mundo pola súas aptitudes para case todas as tarefas (doma, enganche, tiro, transporte...).
Friuliano: Cjaval (Norte de Italia).
Frontal: Peza do freo que cinxe a cabeza do animal.
Frontaleira: Corda que se lle pon ao cabalo pola cabeza.
Frontino: Dise do cabalo cunha mancha branca na fronte. Estrelado.
Fronte: Parte de arriba da cara, entre as sens e desde onde comeza a nace-lo pelo ata as cellas.
Fusta: Instrumento longo de coiro ou outros materiais que se utiliza para zuscar os cabalos. Fuste.
Fustrigar: Castigar, golpear ao cabalo coa fusta.