Eclipse: Nome do cabalo de carreiras que pasa por ser o mellor de toda a historia (século XVIII).
Ecoloxía: Estudo das especies naturais e das súas relacións entre elas e co medio ambiente.
Ecosistema: Conxunto de seres vivos que viven e se relacionan nun mesmo ambiente.
Ecuestre: Pertencente ou relativo ao cabalo.
Egua: Femia do cabalo. Besta.
Eguada (1): Rabaño de eguas.
Eguada (2): Conxunto de cabalarías con fins deportivos.
Ei!: Interxección para chamar a atención das bestas e avivalas.
Eia!: Interxección para avivar as bestas.
Eixido: Campo, terreo comunal sen cultivar no que se realizan diversos traballos comúns ou se solazan os veciños. Exido.
Elipométrico: Dise do cabalo de pequena altura, que é de configuración máis pequena que a media.
Embarbelar: Pór barbela ou freo ao cabalo.
Embeberar: Dar de beber ás bestas. Abeberar.
Embestar: Embrutecer, volver como unha besta.
Embocadura: Parte do freo que entra na boca do animal.
Embocar: Poñer o freo ao cabalo. Enfrear.
Emborcallar: Rebolarse no chan as cabalgaduras dando voltas sobre si mesmas.
Emborcar: Emborcallar. O cabalo da voltas sobre si mesmo, deitado, no chan.
Embornal: Saco en que se dá a comida ás bestas prendéndoo do fociño. Cebadeira.
Embozar: Cubrir a cabeza do animal co embozo.
Embozo: Tea coa que se cobre a cara.
Embridar (1): Poñer a brida ao cabalo.
Embridar (2): Erguer o cabalo a cabeza ou estender o pescozo con garbo.
Emburrar: Ficar parado coma un burro que teima en non andar. Emperrar.
Empalmar: Ferrar mal a cabalgadura.
Empinarse: Erguerse a cabalgadura sobre as puntas dos pés ou nas patas traseiras.
Ena!: Interxección para avivar as cabalgaduras. Eia!
Encabalar: Montar o cabalo á egua. Acabalar.
Encabaletar: Montar en cabalo.
Encabalgar (1): Cabalgar. Montar a cabalo.
Encabalgar (2): Prover de cabalos.
Encabestramento: Acto de encabestrar ou pór o cabestro á cabalgadura.
Encabestrar: Pór o cabestro á cabalgadura. Encabrestar.
Encabestradura: Ferida causada polo cabestro ou cordas nas cuartelas das cabalgaduras. Encabrestradura.
Encabritarse (1): Empinarse un cuadrúpede.
Encabritarse (2): Empoleirarse o cabalo, alzar a parte anterior subitamente, enfurecerse.
Encalmar: Sufocarse as bestas, ben polo exceso de calor ou traballo, ben por estaren moi grosas.
Encarneirado: Dise do cabalo ou egua que ten algo arqueada a parte anterior da cabeza, así coma un carneiro.
Encasteladura: Dor violenta nas mans do cabalo.
Encillamento: Acto ou efecto de encillar.
Encillar (1): Arrear a cabalgadura, poñer a cilla.
Encillar (2): Apertar o cabalo coa cilla ou cinxa.
Enconchar: Obrigar a arquear o pescozo ao cabalo apertando as rédeas.
Encravadura (1): Cravos de ferradura.
Encravadura (2): Doenza que sofren os cabalos na unlla ao cravárselle a ferradura.
Encravar: Ferir ou magoar cos cravos o pé da cabalgadura.
Encravo: Ferida producida polo cravo da ferradura. Encravadura.
Encrenchar: Encrespar ao cabalo, enfadar.
Encurralamento: Acto ou efecto de encurralar.
Encurralar: Recoller ou encerrar as bestas nun curral.
Enfeirar: Pór á venta unha cabalgadura na feira.
Enfosada: Dise da cabalgadura cunha doenza no peito que lle dificulta a andadura.
Enfosura: Parte branda do casco da cabalgadura situada na base da planta.
Enfreado: Cabalo co freo posto.
Enfrear (1): Suxeitar ou poñer o freo ao cabalo.
Enfrear (2): Domar o cabalo.
Enfrear (3): Obedecer o freo a cabalgadura.
Enfrear (4): Mover o pescozo, levantando a cabeza, co freo o cabalo.
Engargantar: Meter a fondo o pé no estribo.
Engaruparse: Montar na garupa.
Engate: Aparello co que se atrelan as cabalgaduras aos vehículos de tiro.
Éngoa: Parte da perna do cabalo que corresponde á unión da coxa co ventre. Virilla.
Enlazar: Coller a cabalo cun lazo.
Enratar: Pexar a cabalgadura para dificultarlle o movemento.
Entaloada: Dise cando a ferradura é máis alta por atrás que por diante.
Enteiro: Dise do animal que non foi castrado.
Entrave: Peza que se ata ás patas do cabalo para dificultarlle os movementos. Pexa.
Entrecasco: Parte superior do casco das cabalgaduras.
Entrecosto: Columna vertebral dos cuadrúpedes, carne que hai entre as costelas xunto ao espiñazo.
Entrepaso: Andadura defectuosa, trabada, derivada da propia andadura e do paso natural ou castelán. Traspaso.
Entrepretado: Cabalo ou mula mancado do peito á pa dianteira.
Entrollos: Venda que se pon á besta que tira da noria.
Enxa: Curro que se celebra na parroquia de Baroña (Porto do Son) a última fin de semana do mes de xullo.
Enxalma (1): Aparello similar a unha albarda pequena que se lle pon ás bestas de carga.
Enxalma (2): Manta que se pon á cabalgadura por riba da albarda.
Enxamuar: Pór as xamúas a unha cabalaría.
Enxoada: Tumor que se forma no casco das bestas.
Equídeo: Do cabalo ou referido a el.
Equífero: Cabalo salvaxe.
Equino: Pertencente ou relativo ó cabalo. Cabalar.
Equirias: Festas hípicas da antiga Roma en honor de Marte.
Equitación (1): Actividade ou deporte de montar a cabalo.
Equitación (2): Arte de montar a cabalo.
Equus Caballus*: Nome científico do cabalo doméstico.
Esbufar: Soprar con forza o animal. Bufar.
Escagallada: Excremento das cabalgaduras.
Escarapela: Distinción en forma de rosa ou lazo que coloca ao cabalo gañador en determinados certames ou competicións.
Escarranchado (1): Montado cunha perna a un lado e outra a outro lado do lombo da cabalgadura.
Escarranchado (2): En xeral, postura coas pernas moi abertas. Ás carranchas.
Escarranchar: Abrir moito as pernas para montar a cabalo cunha perna de cada lado do lombo do animal.
Escarza: Doenza do casco dos equídeos.
Escorcear: Estirarse o animal para alcanzar algo ou desentorpecerse.
Escoucear (1): Dar couces repetidamente unha cabalgadura coas dúas patas ao mesmo tempo.
Escoucear (2): Agredir con couces.
Escuadrillado: Dise da cabalgadura que ten os cadrís baixos.
Escuadrón: Cada unha das partes en que se dividía un batallón de cabalaría.
Escuma: Baba do cabalo que se produce en cantidade ao non poder tragar por mor do freo.
Esfavelar: Arrincar ao cabalo as moas da parte onde vai o freo.
Eslovaco: Kôn.
Esloveno: Konj.
Esmazanarse: Derrearse a cabalgadura polo cuadril.
Esmoer: Moer cos dentes ao xeito dos animais.
Espagar: Movemento que fan algúns cabalos consistente en brincar abrindo as catro patas.
Espedragallar: Facer saltar pedras unha cabalgadura coas ferraduras.
Espenda: Lugar da sela en que se asenta a coxa do xinete.
Espenexar: Desfacer os nós e dar volume ás crinas do cabalo.
Esperanto: Cevalo.
Espicho: Pau cravado na terra ao que se suxeitan os animais.
Espoldrexar: Brincar os poldros.
Espoldro: Aborto de egua.
Espora: Peza de metal que usa o cabaleiro axustándoa ao calzado; forma conxunto co estribo e serve para estimular ao animal nos distintos andares.
Esporada: Picada coa espora.
Esporear: Ferir ou incitar ao animal coa espora. Esporar.
Esporín: Espora pequena.
Esporón: Unlla alargada na punta posterior do pé dos cabalos.
Espuxar: Emborcallarse o cabalo no chan dando rebolazos e medias voltas a un lado e a outro.
Esqueleto: Conxunto de ósos que forman a armazón do corpo dos animais e serve de apoio para o aparato locomotor.
Estabular: Criar animais nun establo.
Estaca: Pau cravado na terra no que se ata un animal para que non escape. Espicho.
Estacoar: Atar o cabalo a unha estaca.
Estafeta: Correo ordinario que se levaba dun lugar a outro a cabalo.
Estampa: Figura de persoa ou animal en especial cando é ben equilibrada.
Estirpe: Tronco da familia da que vén o cabalo. Casta. Liñaxe. Raza.
Estivada: Distribución que os veciños fan dun monte comunal para aproveitalo entre eles durante dous anos ou máis.
Estómago: Parte do aparato dixestivo onde empeza a dixestión dos alimentos.
Estonio: Hobune.
Estrela: Mancha branca na testa do cabalo.
Estrelado: Dise do cabalo ou egua que ten estrela na testa. Frontino.
Estreleiro: Dise do cabalo que levanta moito a testa.
Estribar: Afirmar o pé no estribo.
Estribeira: Correa da que colgan os estribos.
Estribo: Peza, xeralmente metálica, de coiro ou madeira e de forma diversa, que permite introducir o pé para apoiarse mentres se cabalga.
Estrupido: Son producido polo trotar das cabalgaduras.
Éuscaro: Zaldi.
Exido: Terreo sen cultivar, á entrada das aldeas e que é de man común de todos os habitantes.
Exmoor*: Unha das razas de poni mais puras do mundo, de configuración semellante ao CPRG.
Extensiva: Dise da gandaría en extensións amplas dun ecosistema natural máis ou menos modificado polo home e polas que os animais viven nun alto grao de liberdade. Por oposición a gandaría en intensivo.
Extinción: Desaparición dunha especie por diferentes motivos. O Cabalo de pura raza galega está en perigo de extinción e por iso as autoridades deseñan estratexias para tentar evitala.
Ewes: (Gana-Togo-Benin).