Dacabalo: De a cabalo.
Danés: Hest.
Datmoor*: Cabalo pequeno dos Pirineos moi semellante ao cabalo de Pura Raza Galega.
Delangado: Dise da carga dunha besta que se inclina a un lado.
Dentar: Examinar os dentes da cabalgadura para coñecer a súa idade.
Derruba: No curro, momento en que os mozos tentan derrubar os cabalos para, no cha, marcalos e rapalos.
Derrubar: Facer caer en terra os cabalos no curro para rapalos e marcalos.
Desalbardar: Tirar a albarda a unha cabalgadura.
Desalforxar: Quitar as alforxas a unha cabalgadura ou baleirar o seu contido.
Desarrear: Tirar os arreos a unha cabalgadura.
Desarreatar: Quitar a arreata á besta.
Desbocado: Dise do cabalo desenfreado, que se precipita sen obedecer o freo.
Desbocar (1): Endurecerse a boca do cabalo.
Desbocar (2): Tomar unha cabalgadura o freo nos dentes facéndose insensible a el e desbocándose, botándose a correr sen control.
Desbocar (3): Comezar a muda dos dentes de leite os poldros para convertérense en cabalos adultos.
Desbravar: Amansar, domar un cabalo bravo.
Desbridamento: Acto ou efecto de desbridar.
Desbridar: Quitar a brida a unha cabalgadura.
Descabalgar: Desmontar, apearse, baixar do cabalo.
Descalzar: Perder as ferraduras unha cabalgadura.
Deselar: Tirar a sela ao cabalo.
Desencabalgar: Desmontar, baixar do cabalo. Descabalgar.
Desencabestrado: Sen cabestro. Desencabrestado.
Descabestrar: Quitar, soltarse o cabestro. Descabrestar.
Descinchar: Quitar a cincha ou os arreos ao cabalo. Desencillar.
Desencillar: Quitar a cilla ou os arreos ao cabalo. Descinchar.
Desencurralar: Soltar, ceibar, facer saír as cabalgaduras do curral.
Desferrado: Sen ferradura.
Desferrar: Tirar as ferraduras ás cabalgaduras.
Desmanar: Apartar, separar, afastarse da manada.
Desmontada: Acto ou efecto de desmontar.
Desmontado: Que non monta o cabalo que montaba.
Desmontar: Baixar, descender da cabalgadura.
Despalmar: Cortar ao cabalo a palma ou parte do casco que asenta sobre a ferradura.
Despapar: Levar o cabalo a cabeza en posición horizontal por mor de levantar en exceso o fociño.
Desparasitación: Nalgúns curros, momento en que se aproveita para tratar os cabalos contra distintos parasitos.
Despexar: Tirar a pexa ás cabalgaduras para ceibalas. Destrabar.
Despigmentación: Perda da cor propia nalgunha parte da capa do cabalo.
Desrabar: Cortar o rabo á cabalgadura.
Destrabar: Quitar a traba ou pexa a unha cabalgadura. Despexar.
Desuñar: Estragarse a uña a cabalgadura.
Dexemarse: Derrearse unha besta polo cadril.
Diaño Bulreiro: Segundo a mitoloxía, diaño especialista en transformacións entre as que se encontran a de cabalo ou burra branca. Non agresivo pero si molesto, pois enreda cos mozos que regresan do baile ou cos camiñantes nocturnos solitarios.
Dictador*: Cabalo de Xulio César.
Dócil: Dise do cabalo obediente, submiso ás ordes do xinete.
Doma: Acto ou feito de domar.
Domar: Proceso no que se ensina a un animal non educado (silvestre, salvaxe ou tamén doméstico), a obedecer certas ordes básicas. Domear. Amansar.
Doma Clásica: Disciplina que ten por obxecto o desenvolvemento do cabalo mediante un adestramento racional, metódico e equilibrado no que o xinete consegue que realice todas as súas ordes con harmonía, equilibrio e actividade. Mediante a doma clásica o cabalo vólvese máis tranquilo, elástico, áxil e flexible, ao tempo que se fai máis confiado e atento ás ordes do xinete.
Doma Natural: Doma clásica na que non se utilizan métodos lesivos para o cabalo.
Domear: Domar.
Domesticable: Dise do cabalo que se pode domar ou domesticar con certa facilidade.
Domesticado: Domeado, amansado.
Domesticar (1): Facer un animal apto para convivir co home.
Domesticar (2): Ensinar a un animal a obedecer ao home ou a exercitar certas habilidades. Domar. Domear.
Domesticación: Acto ou efecto de domesticar.
Doméstico: Dise do animal que foi criado ou ensinado a vivir na casa ou nas dependencias da casa.
Dorso: Parte superior e traseira do cabalo. Lombo.
Dragón (1): Catarata no ollo do cabalo.
Dragón (2): Antigo soldado de cabalería que podía loitar tanto a pé como dacabalo.
Dzoratâi: Tsevau (Suíza)