Cabalada (1): Manada de gando cabalar.
Cabalada (2): Dise da egua que foi cuberta polo cabalo.
Cabalar (1): Correr como os cabalos.
Cabalar (2): Montar o cabalo á femia.
Cabalar (3): Pertencente ou relativo ao cabalo.
Cabalaría: Besta, animal que serve para cabalgar ou para o traballo. Cabalería.
Cabalariza (1): Corte onde se acomodan os cabalos.
Cabalariza (2): Conxunto de cabalos pertencentes a un dono. Eguada.
Cabalarizo: Mozo de cabalariza.
Cabalaxe (1): Xeito de andar a cabalo.
Cabalaxe (2): Acto de cubrir o cabalo á egua.
Cabalear: Andar a cabalo, montar a cabalo con frecuencia. Cabaleirar.
Cabaleira: Muller que monta a cabalo, amazona.
Cabaleiro: Home que monta a cabalo.
Cabaleiro/a: Persoa culta e educada, nobre, cortés. Por asimilación do significado inicial de persoa que montaba a cabalo e non a lombos doutras bestas de menor rango.
Cabaleirolas, Ás: Ir escarranchado sobre os ombros doutra persoa. Ás cabaliñas. A canchapernas. A requinchas. Ó cabalete.
Cabaleiroso: Persoa que actúa coma un cabaleiro, educado, de aspecto e porte distinguido.
Cabalería (1): Multitude de cabalos. Cabalaría.
Cabalería (2): Conxunto de tropas de a cabalo.
Cabalería (3): Arte de montar a cabalo. Cabalaría.
Cabalexo: Despectivo de cabalo. Barrufeiro. Garrufeiro. Arricallo.
Cabalgada (1): Camiño que se percorre montado a cabalo.
Cabalgada> (2): Conxunto de persoas a cabalo. Cabalgata.
Cabalgadura: Besta de sela ou de carga.
Cabalgar (1): Ir a lombos dunha cabalgadura, normalmente un cabalo. Montar.
Cabalgar (2): Montar, cubrir o macho á femia.
Cabalgata: Grupo de persoas que cabalgan xuntas.
Cabaliñas, Ás: Ir escarranchado sobre os ombros doutra persoa. Ás cabaliñas. Ás Cabaleirolas.
Cabaliño: Diminutivo de cabalo. Cabalo pequeno. Por extensión utilizado para a denominación doutras especies animais. Cabaliño de mar, cabaliño do demo.
Cabaliño Branco: Ser mítico galego; cabalo branco de extraordinaria beleza e esvelteza que, polo que se di, resulta ser o Diaño Bulreiro.
Cabaliños: Plataforma xiratoria na que hai cabalos e outros animais ou obxectos nos que monta a xente e dá voltas. Carrusel.
Cabalo: Animal mamífero, herbívoro, de cabeza alongada, pescozo arqueado, orellas pequenas e móbiles, crina longa e cola peluda. Xenericamente existen dúas razas principais, as de tiro e as de monta.
Cabalo (Mitoloxía): Na mitoloxía galega o cabalo asóciase á transformación das bruxas; tamén é o animal preferido de mouros e mouras de xeito que, por exemplo, as mouras desencántanse tornándose en eguas nas fontes. A cabalo anda o demo polo mundo percorrendo as distancias a grandes chimpos.
Cabalo Albardeiro: O que se destina á carga.
Cabalo bravo: Cabalo que vive en estado salvaxe. Tamén chamado rabanés.
Cabalo Criollo*: Innumerables razas equinas de América do Sur que teñen como orixe común os cabalos levados de España polos conquistadores, na maioría dos casos, de ramas comúns co cabalo de Pura Raza Galega. Nos diferentes países teñen características raciais e nomes propios.
Cabalo da Fiaña: O cabalo da fiaña (aluguer) é negro, alto de cruz, con ollos vermellos e brillantes e, de primeiras, inofensivo. Unha vez que montas no cabalo de fiaña é el quen manda e, como o Diaño Bulreiro, o único que pretende é perder ao xinete. Tamén asociado ao cabalo da morte.
Cabalo da Luz: Cabalo ou egua. Máis rápido que o Cabalo do Vento pero máis lento que o Cabalo do Pensamento.
Cabalo de Semente: Semental. Cabalo para a reprodución.
Cabalo de Parada: Semental. Cabalo de reprodución.
Cabalo de sela: Son aqueles aos que se lle coloca unha sela para montalos, tamén chamados cabalos de sangue quente. Por oposición aos cabalos de tiro ou carga, de menor categoría.
Cabalo do Pensamento: Cabalo ou egua máis fraco que ningún pois debían tratalo moi mal nas cortes do demo. En contra das aparencias é o máis rápido.
Cabalo do Vento: Tamén cabalo ou egua do Aire. É máis lento que o cabalo da Luz e moito máis aínda que o cabalo do Pensamento.
Cabalo Enteiro: Sen castrar, preparado para a reprodución.
Cabalo Novo: Dise do cabalo de pouca idade, poldro.
Cabalo Pai: Ou Cabalo Padre. Cabalo semental, é o que dirixe a grea. Griñón. Marañón.
Cabalo Pantasma: Ter a cor do lume e mesmo bota lume pola boca. Aparéceselle aos buscadores de tesouros ou aos camiñantes solitarios. Pode ser unha manifestación do Diaño Bulreiro.
Cabalo tapado: Cabalo dunha única cor, non presenta particularidades brancas.
Cabalón: Aumentativo de cabalo, cabalo grande.
Cabear: Axitar o cabalo o rabo cando o aguilloan, incomodan, etc.
Cabeceiro: Cabezada. Corda ou coiro co que se cinxe a cabeza das cabalgaduras.
Cabeleira: Crinas do cabalo.
Cabestreiro: Persoa que fai ou vende cabrestros. Cabestreiro.
Cabestrillo: Cabestro pequeno.
Cabestro: Corda que se ata á cabeza da besta para conducila ou asegurala. Cabezada. Cabezal.
Cabezada (1): Correa para cinxir a cabeza da besta. Aparello feito normalmente de coiro que se lle pon ao cabalo pola cabeza.
Cabezada (2): Movemento repentino e brusco do cabalo coa cabeza.
Cabezalla: Haste dianteira do carro a onde se atrelan os animais.
Cabezón: Enfermidade que ataca á cabeza dos cabalos e doutros animais.
Cabos: Extremidades, pés e rabo das cabalgaduras.
Cabreado: Dise do cabalo que nos brasóns se representa levantado sobre as patas traseiras.
Cabriola: Salto vertical do cabalo no que permanece por máis ou menos tempo cos catro pezuños no aire.
Cabriolé: Coche de dúas rodas tirado por un cabalo.
Cadeira: Parte do corpo das persoas e animais onde a perna ou a pata se unen ao tronco.
Cadencia: Regularidade no movemento do cabalo, gracia.
Cadril: Cuarto traseiro do cabalo. Rexión ao lado da pelve na que se sitúa o ril. Normalmente utilizado en plural: cadrís. Cadeira. Anca. Garupa.
Cagallón: Porción de excremento consistente de gando cabalar.
Cal: Fardel onde se dá a cebada ao animal.
Calabrés: Cavaddu (Sur de Italia)
Calceta: Media, peza para cubrir as pernas dos cabalos.
Calcetar: Andar coas mans para dentro e rozando ou case os cascos.
Calcetín: Dise cando o branco das patas do cabalo vai desde o pé ata o xeonllo. Calzado Alto.
Calo: Movemento que fan as cabalgaduras cos pés para que o seu paso resulte uniforme e lixeiro.
Caluga: Parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.
Calzado: Cabalo coa parte inferior das extremidades de cor branca. Dependendo da altura á que chegue pode ser calzado baixo, medio ou alto.
Calzado Alto: Cando a mancha de cor branca supera o xeonllo.
Calzado Baixo: Cando a mancha de cor branca non supera o xeonllo.
Calzado Medio: Cando a mancha de cor branca está polo xeonllo.
Campo do Oso: Curro que se celebra na parroquia de Santa María a Maior (Mondoñedo) o último domingo de xuño.
Cana: Parte fina da pata do cabalo.
Candado: Espazo estreito entre a ranilla e as barras no casco das bestas.
Candaoso: Curro que se celebra en San Andrés de Boimente (Viveiro) o primeiro domingo de xullo.
Candear: Dar couces o cabalo. Coucear. Patear.
Candión: Cabalo grande, mal formado e fraco.
Canela: Óso máis longo e groso dos que forma o esqueleto da perna, entre o pé e o xeonllo. Cana.
Canelo (1): Cada un dos brazos da ferradura.
Canelo (2): Ferradura vella e gastada.
Canelo (3): Cravo que se desprende ou cae da ferradura.
Canizadas As: Curro que se celebra no lugar de Santa Cruz, no Monte da Curota (A Pobra do Caramiñal) o segundo domingo de xullo.
Capa: Pelo curto que envolve ao cabalo; é o que lle dá a súa cor. Manto.
Caparazón: Antiga cobertura de protección ou armadura para o cabalo.
Cara: Parte dianteira da cabeza das persoas e dos animais onde está a boca, o nariz, etc.
Caracolear: Facer dar voltas ao cabalo en curva. Caracolar.
Caramiñola: Crina que lle cae o cabalo sobre a fronte. Tupé.
Caraza: Dise do cabalo coa fronte branca ou cunha mancha branca na fronte. Careto.
Cardear: Pór roxa a pel do cabalo a golpes de corda.
Careliano: Heponi (Finlandia-Rusia)
Cardoso: Dise do cabalo coa pel mesturada de branco e negro. Pedrés. Cardoxo.
Careto (1): Mancha branca que teñen algúns cabalos na cara, dende a fronte ata preto da boca.
Careto (2): Dise da cabalgadura con mancha branca na cara e o resto escura.
Carga: Peso que pode soportar ou transportar a cabalgadura de tiro.
Carpo: Parte do esqueleto da pata do cabalo constituída por oito pequenos ósos dispostos en dúas ringleiras que se artellan entre o cúbito e o radio e os metacarpianos.
Carreiral: Camiño para unha soa persoa ou cabalgadura. Carreiro.
Carrelo: Espiñazo, columna vertebral do cabalo e outros animais.
Carro: Vehículo de madeira, de dúas rodas, utilizado no campo para o transporte e tirado por unha parella de animais.
Carrocín: Pequeno coche de dúas rodas tirado por un cabalo.
Carrusel: Divertimento que xira sobre un eixe e que pon en movemento unha serie de figuras nas que se sentan as persoas. Cabaliño.
Cartao: Cabalo de media alzada.
Cascalvo: Dise do cabalo que ten os cascos brancos ou moi claros.
Casco: Unlla do terceiro dedo dos cabalos.
Cascoso: Relativo ao casco, casco grande.
Casquexar: Cicatrizar a extremidade da pata dunha besta formando un novo casco.
Casquibrando: Dise do animal que ten os cascos brandos. Casquimol.
Casquiderramado: Dise do cabalo ou egua que ten o casco ancho de palma.
Casquiño: Dise do cabalo de casco fácil de cravar; casquibrando.
Castaño: Cabalo coa capa da cor da casca da castaña madura. Marrón.
Catalán: Cavall
Catrapiar: Andar mal a cabalgadura no paso de andadura, contrapondo os pés.
Catraplín: Onomatopea para expresar o galopar do cabalo.
Catraplinar (1): Galopar o cabalo.
Catraplinar (2): Son producido polo galope do cabalo.
Catraplineiro: Dise do cabalo ou egua que vai ao galope.
Catrapola: Galopado ou carreira curta do cabalo.
Cauda: Apéndice posterior, máis ou menos longo, no corpo dalgúns animais. Rabo.
Caudal: Relativo ou pertencente á cola.
Cazaque: (At) (Cazaquistán, Mongolia, Kirguizistán...)
Cebada: Nome vulgar que se lle dá a numerosas plantas gramíneas e ao seu grao e que polo seu valor nutritivo resulta moi adecuada para alimentar ás bestas.
Cebadeira: Saco en que se dá a comida ás bestas prendéndoo do fociño.
Cebra: Nome vulgar de diversos animais do xénero equus, domesticables, caracterizados pola pelaxe a listas escuras e claras.
Cebruno: Dise do cabalo coa cor característica branca amarelada misturada con encarnada escura. Baio.
Ceibar: Soltar o animal que estaba preso ou pechado.
Ceibe: Libre, solto, aberto, sen peche algún.
Cellado: Dise do cabalo que ten as sobrecellas brancas.
Centauro: Animal fantástico metade cabalo e metade home.
Ceño: Doenza entre o pelo e o casco das bestas.
Cepillar: Pasar o cepillo ao cabalo para que estea limpo.
Cepo: Pedazo de madeira que se prende aos animais para non fuxiren.
Cerco: Valado que rodea o curro. A maioría en pedra, os máis tradicionais en madeira.
Cervical: Relativo á parte superior-posterior do pescozo do cabalo.
Checo: Kun (Kun)
Cherokee: (Sokwili) (Alabama, Xeorxia, Virxinia...)
Cheyenne: Mo'éhno'ha (Montana-Oklahoma)
Chicho: Excremento de gando cabalar, cagallón.
Chicote: Corda ou correa atada a un cabo de madeira ou coiro prensado que se utiliza para fustrigar animais.
Chino simplificado: ? (ma)
Chino tradicional: ? (ma)
Chousa (1): Porción de monte ou leira cerrado e marcado. Curro.
Chousa (2): Peche feito de ramallos e estacas para delimitar un chouso ou chousa.
Chouto (1): Cabriola do animal cando salta.
Chouto (2): Trote miúdo das cabalerías que produce sacudidas e molestias no xinete.
Chuvai: xo ?? (ut) (Rusia)
Cilla: Faixa de tecido ou correa longa que se pasa por debaixo da barriga dos cabalos para asegurar a sela ou a carga. Tamén Cinlla. Cincha.
Cimarrón: En xeral, cabalo asilvestrado por vivir en liberdade.
Cincha: Correa ou corda que pasa por baixo da barriga da besta para asegurar a albarda ou aparello. Cinlla. Cinxa.
Cinchar: Pór a cincha. Apertar a albarda coa cincha.
Cincheira: Parte do corpo da cabalería na que se coloca a cincha.
Cincheiro: Dise do animal groso, ancho.
Cinxa: Correa ou faixa que suxeita a albarda da cabalgadura. Cilla.
Citrote: Galope, galopada.
Cóbado: Parte posterior e prominente da articulación do brazo co antebrazo; nos cabalos, das patas dianteiras.
Colarón: Peza para colocar no pescozo das bestas de tiro.
Coleira: Adorno para a cola do cabalo.
Coma: Crinas do cabalo.
Comedoiro (1): Lugar ou vaso en que se dá de comer aos animais domésticos.
Comedoiro (2): Sitio onde os animais silvestres adoitan ir comer.
Común: De uso ou dominio de moitos ou de todos.
Comunal: Terreos propiedade de todos os veciños.
Comuneiro: Comunal.
Connemara*: É unha raza de cabalo de Irlanda, semellante á pura raza galega.
Copín: Dise da besta que empuña os cascos demais ao andar.
Corcel: Cabalo lixeiro e de moita alzada e corpo.
Corcovo: Salto ou brinco do cabalo, arqueando o lombo para cuspir o cabaleiro.
Corda corredía: Corda utilizada para pillar ao cabalo e derrubalo; cada vez utilízase menos por ser o xeito máis agresivo de todos de facer este labor.
Cordón: Facer o Cordón. No curro, marcar o camiño ás bestas para levalas ao curral.
Coreano: ? (Mal)
Corpo a corpo: Xeito de abordar as bestas e derrubalas sen utilizar ningún tipo de axuda máis que o propio corpo dos besteiros.
Cornacha: Penacho con que se enfeita a testa das cabalgaduras.
Córnico: Margh (Cornualles-Inglaterra)
Coroa: Calva no xeonllo do cabalo.
Correa: Tira de coiro para atar, cinguir ou unir.
Corricán: Carreira pequena dunha cabalgadura.
Corte (1): Curral, lugar en que se crían os animais domésticos, en especial o vacún e cabalar.
Corte (2): Conxunto de gando dun propietario que se dedica á cría.
Costas: Parte posterior e superior do cabalo que vai dos ombreiros ata as cadeiras.
Costela: Cada un dos ósos longos e curvados que saen do espiñazo e forman a caixa do peito.
Couce: Pancada do cabalo con unha ou as dúas patas traseiras.
Couceador: Dise do cabalo que tira moitas couces.
Coucear: Dar couces ou patadas o cabalo.
Coudel: Antigo capitán de cabalaría.
Coudelaría: Establecemento para a reprodución e perfeccionamento de razas cabalares.
Coutar: Deterse a cabalgadura cando vai con carga.
Couto: Terreo comunal cuxo cultivo iníciase temporalmente por acordo dos comuneiros.
Cova: Dente molar das cabalgaduras.
Coxa: Parte da perna ou pata posterior dos vertebrados que vai desde o xeonllo ata a virilla.
Coxe: Cabalo de tamaño pequeno, abundante na Galiza.
Coxia: Lugar ocupado por cada cabalo na corte.
CPRG: Cabalo de Pura Raza Galega.
Cranio: Caixa ósea que encerra e protexe o cerebro dos animais.
Cravadura: Ferida que produce o cravo nos tecidos sensibles do pé do cabalo.
Craveira: Buraco no que se introduce o cravo na ferradura.
Craveiro: Fabricante de cravos para ferraduras. Cravexador.
Cravo (1): Peza metálica pequena, longa e delgada, con punta nun extremo e cabeza no outro, utilizada para fixar a ferradura dos cabalos.
Cravo (2): Pequeno tumor xunto ao casco do cabalo.
Criadeiro: Dise da persoa que cría gando alleo e que entra a medias co dono nos rendementos.
Criador: Dono, persoa que cría cabalos ou calquera outro animal.
Criar: Coidar e alimentar animais.
Crina: Pelo longo e áspero que teñen os cabalos no pescozo, na fronte, no rabo... Coma.
Crinado: Cabalo coas crinas longas.
Crinalvo: Dise do cabalo que ten as crinas máis claras que o resto do corpo.
Crineira: Conxunto das crinas das cabalgaduras.
Crinipreto: Que ten as crinas negras.
Croata: Konj.
Cruces: Rexión lumbar dos cuadrúpedes.
Cruz: Punto que se utiliza para medir a alzada do cabalo. Pode ser a dianteira e a traseira.
Cruz dianteira: Formada no punto de unión entre as patas dianteiras e o inicio do espiñazo.
Cruz traseira: Punto de unión entre o espiñazo e as pernas. Croca, Rabadilla. É a cruz propiamente dita.
Cruz aos cadrís: Cruz traseira. Punto de unión do espiñazo coas patas traseiras. Croca, rabadilla.
Cuadrúpede: Animal que ten ou anda sobre catro patas; o cabalo é un cuadrúpede.
Cualificación Morfolóxica: Cualificación dun cabalo para ver se está ben formado ou non con respecto ás características raciais. .
Cuarto: Parte superior da coxa e lateral dos cadrís.
Cuarto de milla: Quarter*. Raza de cabalos moi veloces que se utilizan para carreiras.
Cuberta: Dise da egua que está preñada.
Cúbito: Óso maior da antepata que, articula pola parte superior co húmero.
Cuca: Dise da besta de cor negra.
Cuca!: Interxección, voz usada para chamar á egua.
Curral: Corte. Lugar da casa ou anexo a ela onde se xunta e recolle o gando.
Cucar (1): Erguerse a cabalgadura das patas dianteiras para tirar ao xinete.
Cucar (2): Alzarse de patas a cabalgadura.
Curro (1): Lugar descuberto e cercado onde se xuntan os cabalos que se crían no monte para as marcar e rapar. Curral pequeno.
Curro (2): Festa popular na que se reúnen os cabalos ceibes unha vez ao ano para cortarlle as crinas, desparasitalos e marcalos. Rapa das Bestas.
Curro das Moscas: Nalgunhas zonas, curro complementario que se realiza na época de máis abundancia de moscas para desinfectar as bestas.
Curro das vendas: En determinados lugares, curro de tamaño considerable que o día da festa se utiliza para meter os poldros que se destinarán á venda.
Curro semisoterrado: Curro que aproveita un desnivel natural do propio terreo (San Cibrán, Prado da Canda...)
Curro soterrado: Curro por debaixo do nivel da terra (Monte Castrove, Amil...)
Curro: Baixa: Condución das bestas desde a parada ata o curro. En moitos lugares o encauzamento realízase a través de cordóns de xentes.
Curro: Parada: Lugar onde conflúen as distintas mandas ou grupos de cerco no día do curro. Os besteiros e axudantes aproveitan a parada para descansar, recoñecer os animais e organizar a baixa.
Curro: Rapa, Marcaxe e Desparasitación: É o momento álxido da festa. Os animais son agarrados e dominados e se procede á súa marcaxe e rapa, cada vez máis tamén se desparasitan.
Curro: Reunión no Monte: O propio día do Curro os besteiros e axudantes cercan as mandas e condúcenas cara ao lugar da parada.
Curro: Reunión previa: Nos días previos ao curro os besteiros van cercando as bestas e achegándoas ao punto de Reunión no monte.
Curro: Separación: Xa no curro, os animais sepáranse nos diferentes currais, as bestas preñadas, os garañóns, os poldros para a venda, para marcaxe, etc.
Curro: Solta: Unha vez rematadas todas as tarefas do curro procédese á solta dos cabalos para que volvan á súa vida en liberdade ata o ano seguinte.
Cuspedriños: Curro que se celebra na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade) o primeiro domingo de agosto.