Abearas: Parte traseira do xeonllo do cabalo.

Abelleira: Doenza que rela o casco do gando.

Abellón: Ferida no pezuño do gando.

Abertal: Terreo comunal, aberto a todos.

Abestar: Volverse bruto ou facerse semellante a unha besta.

Abravarse: Pórse bravo ou fero o cabalo doméstico.

Abrollo: Ferro de bicos, cravado ao chan que impide o movemento da cabalaría.

Aburrado: Feito un burro, sen sentido.

Acabalar (1): Subir, montar nun obxecto ao xeito de montar a cabalo. Acabalgar

Acabalar (2): Montar, cubrir o cabalo á egua.

Acabalgar: Cabalgar.

Acabalear: Andar ben, ser destro ao cabalo.

Acarneirado: Dise do cabalo ou egua que ten arqueada a parte dianteira da cabeza, como o carneiro.

Acarreirar: Guiar por un carreiro aos cabalos, tomar o camiño o gando.

Aceal: Tenaces de madeira coas que os ferreiros suxeitan polo fociño ao cabalo.

Acias: Especie de torniquete para apertar o fociño das bestas e telas inmóbiles ao seren ferradas.

Acicate: Espora dun único pincho preparado para que non penetre demasiado nas carnes do cabalo.

Acinchar: Sufrir a cabalería dano da cincha na barriga.

Acomunar: Pór en comunidade, mancomunarse.

Acordoar: No curro, facer un cordón de xente para acarreirar as bestas.

Acouceado: Moído ou maltratado a couces por unha besta.

Acoucear: Dar ou tirar couces o cabalo. Coucear.

Acurralamento: Acción de meter as bestas no curral ou curro.

Acurrar: Coller os cabalos e gardalos no curral ou no curro. Acurralar. Acorrar.

Acurvillar: Ceder de mans, caer a cabalgadura sobre os xeonllos.

Adra: Porción que corresponde a cada comuneiro na división do monte comunal.

Afalar: Estimular, animar ao cabalo a base de palabras.

Afatar: Aparellar as bestas coa albarda para cargalas.

Afrikaans: Perd (Suráfrica)

Agarre: No curro, acción de agarrar o animal para a súa posterior marcaxe e rapa; o agarre pode ser corpo a corpo ou coa axuda dalgún apeiro propio da zona.

Agulla: Cruz dianteira, parte do lombo do animal, próxima á cabeza, onde se xuntan os membros anteriores co espiño; por extensión, tallada de carne que se extrae de aí para cociñar.

Ailalá: Canto que entoan a media voz os arrieiros e carreteiros cando conducen as bestas polas corredoiras. Ailalalá.

Aimará: k'axilu (Bolivia, Perú, Chile)

Ainu: ??? (Illas de Xapón)

Aire: Ritmo que leva o cabalo ao andar. Os ritmos básicos son tres: paso, trote e galope.

Alargas: División en parcelas do monte comunal para convertelo en leiras cultivables.

Alazán: Cabalo forte e de cor parecida á da canela.

Albanés: Kalë

Albarda: Aparello das bestas de carga, especie de almofada chea de palla que se coloca sobre o lombo dun animal e se suxeita ao ventre cunha cincha.

Albardadura: Conxunto de arreos das bestas de carga.

Albardar: Pór a albarda á cabalería.

Albardaría: Lugar onde se fan ou venden as albardas.

Albardeiro: Oficio tradicional da persoa que facía artesanalmente albardas i, en xeral, os diferentes aparellos das cabalerías.

Albardilla: Albarda pequena.

Albardón (1): Albarda grande.

Albardón (2): Aparello máis alto e oco ca albarda que se lle pon ás cabalerías para montar nelas.

Albeitaría: Albeitería. Conxunto de coñecementos e saberes que utiliza o albeite.

Albeite: Veterinario sen título pero que exerce como tal sandando animais por medio da sabedoría natural.

Alemán: Pferd.

Alfaraz: Cabalo pequeno, lixeiro e resistente que utilizaron os árabes na guerra.

Alforxa: Especie de saco pechado polos extremos e aberto polo centro de xeito que forma dúas bolsas e que se coloca sobre o ombreiro ou sobre o lombo das bestas para transporte.

Alforxada: Cantidade de carga que cabe nunha alforxa.

Alforxar: Meter na alforxa.

Alforxeiro: Persoa que fai ou vende alforxas.

Algara: Tropa a cabalo que fai unha incursión en territorio inimigo.

Algarada: Correría realizada por unha algara.

Algariar: Andar o gando ao pasto dun lado para outro sen parar de pacer.

Alicorno: Sospéitase que se trata do mesmo ser que o coñecido como Unicornio. Cabalo branco cun corno na fronte. Son míticas as calidades do po de corno tanto para combater o mal de ollo e meigallos como para sandar diversas enfermidades. Alicornio.

Almocreve: Persoa que ten como oficio o de conducir as bestas. Arrieiro.

Almofaza: Cepillo ou escoba de ferro para limpar as cabalgaduras.

Almofazar: Limpar coa almofaza.

Alobado: Dise do cabalo salvaxe que ten sinais de ter sido trabado polo lobo.

Aloitador: Nalgún curro (Sabucedo) besteiros que, entre varios e de xeito coordinado, derruban as bestas nunha loita corpo a corpo.

Alza! (1): Interxección para animar ao cabalo a levantar a pata para ferrala.

Alza! (2): Interxección para ordenar ao cabalo a que pare.

Alzada: Estatura ou altura do cabalo e outros animais semellantes. Normalmente mídese á cruz.

Amame: Dise do cabalo de cor branca e negra.

Amantar: Cubrir a besta cunha manta ou peza semellante para que non colla frío, especialmente cando está a suar.

Amansar: Desbravar, facer manso o animal bravo.

Amárico: Färäs (Etiopía)

Amata: Chaga ou ferida que produce no cabalo o roce do aparello.

Amazona (1): Muller que monta a cabalo.

Amazona (2): Vestimenta da muller que monta a cabalo.

Amblador*: Cabalo que na antiga Castela se desprazaba "suavemente" executando o paso de "andadura".

Ambladura*: Termo equivalente ao de 'andadura' que se utilizou en Castela.

Amestrado: Dise do animal ben ensinado.

Amestrar: Instruír, ensinar, tornar ao animal quen de facer o que se lle pide.

Amil: Curro que se celebra na parroquia de San Mamede de Amil (Moraña) o segundo domingo de xullo.

Amontar: En zonas, montar a cabalo.

Ampeador: Cabalo rápido, corredor.

Anca: Cada unha das dúas metades da parte posterior do corpo dos animais. Normalmente en plural: ancas. Garupa.

Ancado: Dise da cabalgadura que ten encurvado para adiante o travadoiro das patas dianteiras.

Ancudo: Que ten ancas poderosas.

Anda!: Interxección para animar a andar ás bestas.

Andadura: Aire ou paso do cabalo en dous movementos: cada un deles das dúas extremidades dun mesmo lado, en alternativa coas do lado oposto. O son característico que produce a andadura é unicamente de dous golpeos sobre o chan pois os cascos laterais apoian sempre ao tempo. Paso típico para asistir ás feiras galegas e para pasearse nelas. Marcha.

Andaluz: Raza de cabalo de sela que naceu no sur de España e agora xa está distribuído por toda ela. Posiblemente foi o que deu orixe a maioría dos cabalos americanos. É un cabalo de boa estampa, moi apreciado como animal de montura e exhibición.

Andar a maróns: Dise cando o cabalo anda en celo.

Andillas: Armazón de madeira para amparar a quen vai sentado na cabalgadura. Cadeiriña.

Anglo-Saxón: Hengest.

Anillas*: Pezas utilizadas para poñer ao cabalo en paso de andadura; estes aneis van inseridos nunhas correas de coiro normalmente nun número inicial de oito en cada pé; a medida que o cabalo colle o paso van retirándose aos poucos en número par.

Anteollos: Placas de coiro que se colocan no lateral dos ollos do cabalo para que non se espante ou despiste. Antollos.

Anteolleira: Apertura para os ollos que se lle deixa ao cabalo cando se lle cobre a cara.

Aparellar: Pór os aparellos ou arreos á cabalgadura.

Aparello: Conxunto de arreos da cabalgadura.

Apea: Corda coa que se atan as patas dalgúns animais cando están a pastar.

Apeadeira: Pedra ou tronco para facilitar o apearse ou subirse á cabalgadura.

Apeazar: Prender o animal atándoo a unha estaca cunha corda longa para que poida pacer nun terreo extenso.

Apeirar: Pór os apeiros á besta.

Apeiro: Aparello para os labores do campo.

Apeitador: Nome co que se coñece nalgún curro, (Amil), á persoa que agarra e tumba ao cabalo para facer os distintos labores. Chámanse así por loitan co cabalo "a peito".

Apoldrado: Que ten ou cría poldros.

Árabe: É unha das razas de cabalos de sela máis prezada, facilmente recoñecible pola súa cabeza pequena de perfil afundido.

Árabe (Idioma): ???? ??? ??????? (Fars)

Aragonés: Caballo.

Arameo: ???? (Soese)

Ardesío: Cabalo ardoroso, brioso, fogoso.

Arestín: Tumor nos pés das cabalgaduras.

Arieira: Roedura no casco dos cabalos, entre a parte viva e a morta, producida por un insecto.

Arnés: Aparello de cabalo.

Arrabaceiro: Dise do animal de raza cabalar posto detrás ou ao rabo doutro.

Arrabar: Poñer as cabalgaduras en rea, unha detrás da outra.

Arre!: Interxección, voz que se emprega para incitar ás bestas a andaren.

Arreado: Cabalo cos arreos novos.

Arrear (1): Aparellar. Por arreos ao cabalo.

Arrear (2): Incitar ás bestas a que anden.

Arreata: Correa ou corda coa que se conduce as bestas. Renda. Rédea.

Arreatar: Prender a besta coa arreata. Arrendar.

Arreaza (1): Cada unha das fendas que se fai no casco do cabalo.

Arreaza (2): Enfermidade que ataca o casco das cabalgaduras e que as fai caer.

Arrendar (1): Atar ou suxeitar un cabalo polas rendas.

Arrendar (2): Aprender ao cabalo a que obedeza as rendas.

Arreo: Tamén arreos ou arreio. Conxunto de correaxes que se poñen ao cabalo para o suxeitar e guiar.

Arricacho: Cabalo pequeno.

Arricallo: Cabalo fraco, de mal aspecto e pouco valor.

Arrieiro: Persoa que anda dun lugar a outro con besta de carga tratando en diferentes mercadorías.

Arrimar: Arrimar o poldro. En moitos curros, evitar que as nais se separen das súas crías, para que non se esquezan delas, continúen a amamantalas e estas non morran de fame no monte.

Arrocho: Pau arqueado para apertar con cordas a carga ao lombo da cabalgadura.

Ártax: O cabalo de Atreyu da Historia Interminable.

Arxel: Aplícase ao cabalo que só ten branco o pé dereito.

Arzón (1): Fuste dianteiro ou traseiro da sela de montar.

Arzón (2): Ferro arqueado que se fixa diante da sela.

Asilvestrado: Dise do cabalo que vive ceibe no monte e que actúa como tal.

Asinino: Propio do asno ou burro.

Asnada: Banda de asnos.

Asneiro: Persoa que coida ou guía asnos.

Asno: Animal semellante ao cabalo, máis pequeno, peludo e coas orellas longas. Utilizado como animal de carga. Burro.

Asturcón: Raza de cabalo de orixe asturiana moi parecido o cabalo de PRG.

Asturiano: Caballu.

Atadoiro: Argola de ferro nun muro para atar as bestas.

Atafal: Cilla ou correa cuberta de badana que vai suxeita polos seus extremos á traseira da albarda pasando por debaixo do rabo e das ancas do cabalo para que o aparello non se corra para adiante.

Atarracar (1): Bater o ferreiro co martelo a ferradura e cravos para que axusten ao casco do cabalo.

Atarracar (2): Pór a ferradura aos cabalos. Ferrar.

Atavanado: Dise do cabalo negro ou moi escuro con pintas nas ancas.

Atroamento: Doenza nos cascos por estaren mal ferrados ou por bater en exceso sobre pedra.

Auriga: Cocheiro, carreteiro.

Auxiliar: Persoa que coida o cabalo ou que fai espectáculos con el.

Avivar: Picar ao cabalo coa espola para que ande máis vivo.

Awngi: Firs (Parte de Etiopía)

Axaezar: Adornar con xaeces.

Axuaga: Tumor, brecha, ferida no casco das bestas.

Azeri: At (Azerbaián)