Babieca: Nome do cabalo do Cid.
Bacía: Recipiente a xeito de caixa no que se dá de beber aos animais.
Bacío: Depresión, entre as costelas e as ancas, do gando maior.
Bacíos: Illargas da cabalgadura.
Bafexar: Bufar, botar aire con forza pola boca ou fociño en moitas ocasións diante da comida ou bebida. Refolgar.
Baio: Dise do cabalo de cor branca amarelada misturada con encarnada escura.
Baixo-Alemán: Peerd.
Baldeira: Dise da egua e doutras femias cando non están preñadas.
Barazal: Monte común.
Barbada: Base do labio inferior do cabalo que é máis ou menos premida pola barbela do freo. Barbela. Barbadela.
Barbaqueixo: Cadea, a xeito de freo, que se pasa baixo o fociño das bestas de carga.
Barbata: Asento do freo na parte da boca do cabalo en que non hai dentes.
Barbela: Pel que colga na parte dianteira e inferior do pescozo. Papada.
Barbelóns: Pequenos tumores que se forman baixo a lingua do gando cabalar.
Barbicacho: Cabezada de corda para bestas.
Barcial: Terreo comunal, barcela.
Barda: Armadura defensiva que protexía o peito do cabalo.
Bardar: Pór a barda ao cabalo para protexelo.
Bardigiana*: Raza de cabalo italiana que ten a mesma orixe que o Pura Raza Galega e forman unha familia.
Barra: Peza metálica suxeita as redes que pasando pola boca dos cabalos serve para guialos ou detelos.
Barrigueira: Corda ou correa que pasa pola barriga da besta.
Barroso: Animal de cor alourada ou amarelada.
Barrufeiro: Cabalexo. Despectivo de cabalo. Cabalo pequeno e ordinario que case sempre anda embarrado. Arricallo. Barroufeiro. Faquitrós. Garroufeiro. Gurrufeiro.
Bebedeiro: Beizo inferior das bestas.
Bebembranco: Mancha branca que teñen algúns cabalos dende a fronte ata o queixo.
Beizos: Partes carnosas que rodean a boca.
Belfo: Dise do cabalo de beizos grosos e arregañados.
Berlanga: Parcela pequena que se aparta do comunal e se dá a algún veciño como compensación.
Besta: Cuadrúpede, animal de catro patas. Nome dado á egua.
Besta parida: Egua que pariu recentemente e aínda está en período de amamantar os poldros.
Besteiro: Gandeiro ou criador de cabalos normalmente en liberdade.
Bestello: Cabalo vello que xa non pode prestar servizos.
Bestiaxe: Antigo imposto sobre a posesión ou tránsito de bestas.
Biallo: Cabalo vello e trotón cuxa marcha resulta molesta para o xinete.
Bielorruso: (Koh)
Biqueira: Doenza do gando cabalar que se caracteriza pola formación de pústulas nos beizos.
Bigote: Guecho de pelo que nace sobre o beizo superior. É unha das características que define á PRG; serve para, ao comer en réxime de liberdade, protexerse do toxo.
Boca: Cavidade situada detrás dos beizos, na que se sitúan a lingua e os dentes, e que inicia o aparato dixestivo.
Bocado (1): Barra metálica suxeita ás rendas e que, colocada na boca do cabalo, serve para frealo e dirixilo. Bocal. Embocadura.
Bocado (2): Espazo entre os dentes e as moas do cabalo onde se coloca o freo.
Bocal (1): Bocado. Peza das rendas que vai na boca do cabalo para frear e dirixilo.
Bocal (2): Peza que se coloca no fociño do cabalo para evitar que coma, morda... Bozo. Buceira. Embozo.
Boloñés: Cavâl.
Boquiardente: Dise da cabalgadura moi sensible á acción do freo.
Boquibrando: Dise do cabalo brando de boca. Boquimol.
Boquiduro: Dise da cabalgadura que ten a boca dura e por iso non sente o freo e non obedece.
Boquifendido: Dise do cabalo de boca grande, moi fendida.
Boquifresco: Dise do cabalo que ten a boca fresca e salivosa.
Boquimol: Dise do cabalo brando de boca. Boquibrando.
Boquiseco: Dise do cabalo que non bota escuma pola boca.
Bordelo: Segunda besta, de reforzo, que se pon para axudar a tirar do vehículo ou carro nunha costa, lama, bocha...
Bormo: Nome xenérico das enfermidades dos cabalos.
Borriqueiro: Dono dun burro ou garañón para a reprodución.
Bosniano: Konj.
Bozo: Peza que se coloca no fociño dos cabalos para o tiro ou a carga, para que non coman ou mordan.
Bracearr: Mover as patas dianteiras nun xiro característico semellante ao braceo da natación.
Bragada: Parte do corpo das bestas que vai das virillas ás coxas.
Bragado: Animal que ten unha parte do corpo de diferente cor que o resto.
Bravío: Dise do animal salvaxe, indómito.
Bravo (1): Dise, en xeral, do animal que vive en liberdade, sen domesticar. En concreto dise do cabalo que vive ceibe no monte.
Bravo (2): Cabalo que polo seu carácter resulta difícil de manexar.
Brazo: Cada unha das extremidades dianteiras do cabalo.
Bresciano: Càal (Lombardía-Italia)
Bretón: Kezeg - Marc'h.
Brida: Renda ou correaxe que se lle pon ás cabalerías para suxeitalas e guialas e que está formada polas rédeas, o freo e a cabezada.
Bridar: Pór a brida. Embridar.
Bridón (1): Brida pequena que consta apenas do bocado e se pon ao cabalo por se falla a brida.
Bridón (2): Cabezada de coiro con antollos e picadeira.
Brosa: Escoba para limpar as cabalgaduras.
Bucéfalo: Nome do cabalo de Alexandre Magno; por extensión dise do cabalo grande, nobre, de raza.
Buceira: Aparello de vimbios, arame, corda, etc. que se lles coloca no fociño aos animais para que non traben ou para que non coman cando non deben. Bocal, buzo, embozo, vetillo.
Bufar: Botar aire polo fociño ou pola boca con forza e facendo ruído.
Bufido: Son producido polo animal que bufa.
Búlgaro: ????? (Koh)
Burra (1): Femia do burro.
Burra (2): Segundo zonas, egua, femia do cabalo.
Burra (Mitoloxía): Transformación das bruxas que se lles aparece aos camiñantes nocturnos para que monten nelas e afastalos así dos seus destinos.
Burra Ladra: Despectivo polo que o agricultor chama ao cabalo que anda ceibe polo monto e que podería estragar os campos sementados.
Burrada: Banda de burros ou burras.
Burraxeiro: Dono dun burro pai.
Burraxo: Burro pai, garañón.
Burreiro: Persoa que trata con burros ou os coida.
Burrico: Burro pequeno.
Burriqueiro: Persoa que conduce ou aluga burros.
Burro: Animal semellante ao cabalo, máis pequeno e peludo, utilizado para carga. Asno.
Burro (Mitoloxía): Encarnación do demo.
Burrufeiro: Cabalo pequeno e ruín.