farodevigo.es » Comarcas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Val Miñor

As burras da Groba viaxan a Santiago

O IES Terra de Turonio expón o seu proxecto "Ceibes no monte" no Museo do Pobo Galego

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Unha visita ao curro do Galiñeiro, en Vincios, para preparar os
Unha visita ao curro do Galiñeiro, en Vincios, para preparar os "Roteiros das burras". // N.P. 

Todo un ano de estudio sobre o cabalo de pura raza galega, o seu hábitat no monte comunal, as tradicións ao seu arredor como os curros, vocabulario, historia, a súa presencia na arte,entre outros aspectos, a cargo do IES Terra de Turonio foi premiado polo seu valor etnográfico polo Museo do Pobo Galego, que agora expón os traballos ata o vindeiro 23 de outubro. Unha maqueta, paneis informativos, pantallas táctiles e ferramenta completan a mostra.

N. PILLADO - GONDOMAR O asentamento do cabalo de pura raza galega nos montes comunais, concretamente no sur da provincia de Pontevedra, é unha das particularidades do patrimonio inmaterial do país única no mundo. O Museo do Pobo Galego, en Santiago, quere dar a coñecer as súas singularidades e, por iso, inaugura hoxe ás 19.00 horas a exposición do proxecto "Ceibes no monte" que desenvolveu a comunidade escolar do IES Terra de Turonio de Gondomar o pasado curso. O estudio, que afonda en todos os aspectos da vida das 3.000 "burras" localizadas nos espazos comunais da chamada Terra de Turonio –que abrangue o territorio entre as serras da Groba, do Suído e da Paradanta–, foi premiado hai uns meses pola sala etnográfica da capital galega que agora o amosa.
Os visitantes da mostra atoparán unha maqueta sobre a presencia dos cabalos ceibes nun mapa en relevo, no que aparecerán os topónimos relacionados cos estes animais. Seguidamente, pasarán a ver un conxunto de 18 paneis que desenvolverán cinco grandes temas. O primeiro fala do medio natural no que habitan os equinos que perviven no monte en pleno século XXI, no que aparecen petroglifos con figuras ecuestres que xa constatan a presencia das bestas dous mil anos antes de Cristo. A singularidade do sistema de propiedade comunal do monte, que facilita a presencia dos animais integra o segundo bloque da mostra, mentres que o terceiro se centra no prototipo racial do cabalo galego, que ofrece unha simbiose co medio natural que o identifica co cabalo garrano portugués, tamén común nos espacios naturais. Outro dos apartados da exposición aborda a tradición milenaria dos curros, mentres que a presencia dos cabalos en liberdade nas artes ocupa o quinto capítulo.
Páxina web
Unha selección de ferramentas relacionadas coa gandeiría cabalar, pantallas táctiles con documentais elaborados por alumnos do centro nas súas actividades de monta, coñecemento dos roteiros das bestas cara os curros ou nas mesmas rapas completan a mostra, que non conta con suficiente espacio para recoller todo o traballo dos alumnos do centro. Así, rapaces e mestres abren ao público a web ceibesnomonte.com onde lle amosan ao mundo cuestións que quedaron no tinteiro como un "vocabulario do cabalo" con 1.300 entradas, fichas de exemplares identificados no monte, os percorridos dos roteiros das burras –os traxectos que camiñan os animais, guiados polos gandeiros, desde o seu entorno habitual ata os curros–, e un espazo multimedia con traballos en radio, vídeo e fotografía.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
52%
No 48%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Hoteles Pontevedra | Juegos | Vehículos de Ocasión
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas